Kortatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
euskera > éuscaro
mSen resumo de edición
Liña 17:
Formaron parte do denominado [[rock radikal vasco]] e foron os primeiros en introducir ritmos como o o [[ska]] ou o [[dub]] no [[España|Estado español]],<ref name="pioneros">F-M Hop: [http://www.lafactoriadelritmo.com/mvasca/bandas/kortatu.shtml Música vasca: Kortatu], no [http://www.lafactoriadelritmo.com/mvasca/index.shtml# dosier especial sobre música vasca], publicado por ''La Factoría del Ritmo'', marzo-julio de 1996.</ref> sempre cunha base [[punk]] de fondo. Unha das súas influencias principais foi o grupo británico [[The Clash]].
 
As letras dos seus primeiros traballos alternaban entre o [[lingua castelá|español]] e o [[euskera|éuscaro]], aínda que acabarían adoptando exclusivamente este último no seu último disco de estudio. Simpatizantes declarados do [[independentismo]] vasco de esquerdas, toman o seu nome dun antigo "[[mugalari]]" morto a mans da [[Garda Civil]] e dedican a súa canción «[[Sarri, Sarri]]» á fuga do preso de [[ETA]] [[Joseba SarrionaindiaSarrionandia]] da cadea de [[Martutene]].
 
== Historia ==
Liña 24:
A súa primeira demo incluía temas como «Mierda de Ciudad» (adaptación do tema «Drinkin and Driving» de [[The Business]]), «El último ska» ou «Hay algo aquí que va mal» (adaptación de «Doesn´t make it allright» de [[The Specials]]). A súa popularidade comenzou no final dese ano, cando entraron en estudio e gravaron os tres temas que aparecerían no chamado «[[Kortatu/Cicatriz/Jotakie/Kontuz-Hi!|Disco dos catro]]» (Soñua, [[1985]]), xunto a [[Cicatriz (banda)|Cicatriz]], [[Jotakie]] e [[Kontuz-Hi!]]. Os temas foron «Nicaragua Sandinista», «Mierda de ciudad» e «El último ska de Manolo Rastamán».
 
Durante [[1985]] fixeron unha xira por todo o [[País Vasco]], actuando en numerosos concertos e festivais multitudinarios. Ademais comezaron a saír do circuíto vasco, tocando en [[Madrid]] e [[Barcelona]]. O [[31 de maio]] tocaron na cadea de [[Martutene]] xunto a [[Barricada]]. Meses máis tarde (o [[7 de xullo]]), [[Joseba SarrionaindiaSarrionandia]] e Iñaki Pikabea fugábanse desa prisión agochados nun altofalante tras un concerto de [[Imanol Larzabal]]. Barricada e Kortatu foron acusados (aínda que nunca chegaron a ser denunciados) de preparar a fuga dos dous presos, polo que lles prohibiron volver a tocar en ningunha prisión a partir de entón.<ref>[http://www.negugorriak.net/pdfs/negu%20gorriak.pdf ''Negu Gorriak. La victoria de la palabra''], p. 22. Dosier sobre Negu Gorriak preparado polo equipo de [http://www.negugorriak.net negugorriak.net], 2005.</ref> Máis tarde, comporían «[[Sarri, Sarri]]», celebrando a fuxida dos presos.
 
A mediados de ano volveron aos estudios Tsunami en [[Donostia]], onde gravaron o seu primeiro [[LP]]: ''[[Kortatu (álbum)|Kortatu]]'' (Soñua, [[1985]]). Para a meirande parte das cancións empregaron o [[lingua castelá|español]], excepto nos temas «Sarri, Sarri» e «Zu atrapatu arte», que se cantaron en [[euskera|éuscaro]]. Ademais aparecía «Jimmi Jazz», unha adaptación da canción de [[The Clash]]. O disco levounos a compartir éxito con outras bandas vascas do momento como [[La Polla Records]], [[Hertzainak]] ou [[Zarama]], e foi elixido disco do ano pola revista musical ''Muskaria'' e polos xornais ''[[Egin]]'' e ''[[El Diario Vasco]]''. Ese ano chegaron a tocar diante de 15.000 persoas.