Proteína periférica de membrana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
Algunhas proteínas, como as [[proteína G|proteínas G]] e certas [[proteína quinase]]s, interaccionan simultaneamente coas proteínas transmembrana e a bicapa lipídica. Outras únense primeiro á bicapa lipídica e despois localizan e interaccionan cos seus receptores de membrana.
 
A [[bicapa fosfolipídica]] que forma a superficie das membranas celulares consta dunha rexión central interna [[hidrofóbico|hidrofóbica]] que queda en medio de dúas rexións [[hidrofílico|hidrofílicas]], unha na superficie interna e outra na externa da membrana. As superficies interna e externa ou rexións interface do modelo das bicapas de [[fosfolípido]]s teñen un grosor de 8 a 10 [[angstromángstrom|Å]], aínda que pode ser maior en membranas biolóxicas que conteñen unha grande cantidade de [[gangliósido]]s ou [[lipopolisacárido]]s.<ref name="McInosh">{{Cita libro | last = McIntosh | first = TJ |autor2= Vidal A, Simon SA |title = The energetics of peptide-lipid interactions: modification by interfacial dipoles and cholesterol. ''In'' Current Topics in Membranes (52) | pages= 205–253 | publisher = Academic Press | year = 2003 | isbn = 978-0-12-643871-0}}</ref>
A rexión central interna hidrofóbica dunha membrana típica pode ter un grosor de 27 a 32 Å, estimado por [[dispersón de raios X a baixo ángulo]] (SAXS, ''Small angle X-ray scattering'').<ref name="Mitra">{{Cita publicación periódica |author=Mitra K, Ubarretxena-Belandia I, Taguchi T, Warren G, Engelman D |title=Modulation of the bilayer thickness of exocytic pathway membranes by membrane proteins rather than cholesterol |journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=101 |issue=12 |pages=4083–4088 |year=2004 |pmid=15016920 |doi=10.1073/pnas.0307332101 |pmc=384699|bibcode = 2004PNAS..101.4083M}}</ref>
A rexión límite entre a parte interna central hidrofóbica e as rexións interfaciais hidrofílicas é moi estreito, de arredor de 3 Å. A concentración efectiva de auga cambia rapidamente a través desta capa límite ao moverse cara afora desde a rexión central hidrofóbica, variando desde case cero a unha concentración de aredor de 2[[molaridadade|M]].<ref name=Marsh_2001>{{Cita publicación periódica |author=Marsh D |title=Polarity and permeation profiles in lipid membranes |journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=98 |issue=14 |pages=7777–7782 |year=2001 |pmid=11438731 |doi=10.1073/pnas.131023798 |pmc=35418|bibcode = 2001PNAS...98.7777M}}</ref><ref name=Marsh_2002>{{Cita publicación periódica |author=Marsh D |title=Membrane water-penetration profiles from spin labels |journal=Eur Biophys J |volume=31 |issue=7 |pages=559–562 |year=2002 |pmid=12602343 |doi=10.1007/s00249-002-0245-z}}</ref>