Ácido desoxirribonucleico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 132:
A [[dobre hélice]] é unha espiral dextroxira, é dicir, ambas as cadeas de [[nucleótido]]s xiran á dereita. Isto pode verificarse se nos fixamos, indo de abaixo a arriba, na dirección que seguen os segmentos das cadeas que quedan en primeiro plano. Se as dúas febras xiran á dereita dise que a dobre hélice é dextroxira, e se xiran á esquerda, levoxira. Aínda que a forma levoxira pode aparecer en hélices alternativas debido a cambios conformacionais no ADN, a conformación máis común que adopta a dobre hélice do ADN é dextroxira, xirando cada par de bases respecto ao anterior uns 36º.<ref name="WatsonC6">{{cita libro| autor = Watson, J. D.| autor2= Baker, T. A.| autor3= Bell, S. P.| autor4= Gann, A.| autor5= Levine, M.| autor6= Losick, R | título = 6. Las estructuras del DNA y el RNA| obra = Biología Molecular del Gen|edición=5ª Ed.) | ano = 2006 | lugar = Madrid|editorial= Médica Panamericana | isbn = 84-7903-505-6}}</ref>
 
Cando as dúas cadeas de ADN se enrolan unha sobre a outra (sexa á dereita ou á esquerda), fórmanse ocos ou sucos entre unha febra e a outra, deixando expostos os laterais das [[bases nitroxenadas]] do interior (ver a animación). Na conformación máis común que adopta o ADN aparecen, como consecuencia dos ángulos formados entre os [[desoxirribosa|azucres]] de ambas as cadeas de cada par de bases nitroxenadas, dous tipos de sucos arredor da superficie da dobre hélice: un deles, a fenda ou suco maior, que mide 22&nbsp;[[angstromángstrom|Å]] (2,2 [[nm]]) de largo, e o outro, a fenda ou suco menor, que mide 12&nbsp;Å (1,2&nbsp;nm) de largo.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Wing R, Drew H, Takano T, Broka C, Tanaka S, Itakura K, Dickerson R |título=Crystal structure analysis of a complete turn of B-DNA |revista=Nature |volume=287 |número=5784 |páxinas=755–8 |ano=1980 |pmid=7432492}}</ref> Cada volta de hélice (paso de rosca), que é o tramo no que esta fixo un xiro de 360º, ou o que é o mesmo, o tramo que vai desde o principio do suco maior ao final do suco menor, medirá, por tanto, 34 Å, e en cada unha desas voltas hai uns 10,5 [[par de bases|pb]].<ref name="WatsonCrickstructure"/>
 
[[Ficheiro:DNA-ligand-by-Abalone.png|esquerda|miniatura|Fendas ou sucos maior e menor do ADN. O suco menor é o sitio de unión do colorante [[Hoechst (colorante)|Hoechst]] 33258.]]