Imperio Mongol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Canato > Khanato
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/gran
Liña 10:
|ano_comezo = 1206
|ano_fin = 1368
|evento_comezo = [[Genghis Khan]] unifica as tribos e proclama o GranGrande Estado Mongol
|evento_fin = Caída da [[Dinastía Yuan Dynasty]], marcando a disolución do imperio
|evento1 = Morte de [[Genghis Khan]]
Liña 138:
En [[1229]] o seu fillo [[Ögödei]] sucedeuno, continuando coas guerras de expansión. Na China terminou de destruír os Xixia, conquistou a cidade de [[Kaifeng]] en [[1234]], rematando así a conquista da rexión norte e iniciando a guerra contra os Song do sur, alén de conquistar por completo a [[Corea]]. No [[Oriente Medio]] destruíu as últimas resistencias de [[Khwarezm]] e conquistou a [[Persia]]. Porén o seu maior feito sen dúbida foi a campaña contra a [[Europa]], comandada por [[Batu|Batu Khan]] e [[Subedei]]. Tras derrotaren aos [[Pobo búlgaro|búlgaros]] do [[río Volga|Volga]], os varios principados rusos foron devastados e conquistados, reducíndoos á vasalaxe. En [[decembro]] de [[1240]] [[Kiev]] foi conquistada e o ano seguinte nun ataque triplo foron invadidos [[Polonia]], [[Hungría]] e [[Romanía]]. Os exércitos polacos e alemás foron vencidos na batalla de [[Legnitz]] e os húngaros na batalla de [[Mohi]]. Ao final de [[1241]] Subedei estaba discutindo planos de invadir o norte da [[Italia]], [[Austria]] e os [[estados xermánicos]], porén debido á morte de Ögödei tal campaña foi abortada, xa que tiveran que volver á Mongolia para elixir o próximo [[khan]]. No camiño de volta devastaron [[Croacia]], [[Serbia]] e [[Bulgaria]], que se converteron en vasalos dos mongois.
 
Nos anos [[1250]], só no goberno de [[Mongke]], fillo de [[Tolui]], as conquistas foron retomadas. Especial significación tiveron as comandadas con grangrande autonomía por [[Hulagu Khan]]: en [[1256]] os asasinos da [[Persia]] foran destruídos e en [[1258]] [[Bagdad]] foi conquistada, poñendo fin ao agonizante [[Califato Abasida]]. Axiña foi a vez da [[Siria]]. Ao mesmo tempo na Europa hai un novo ataque contra a Polonia , liderado polo xeneral [[Nogai]]. Velaí que en [[1259]] [[Mongke]] morre e [[Hulagu Khan]] tivo que volver para a elección do novo khan, e as forzas de guarnición que mantivo foron derrotadas e expulsadas polos [[Mamelucos]], liderados por [[Baibars]], que lles inflixiu en [[1260]] unha derrota na batalla de [[Ain Jalut]], na [[Palestina]].
 
Tras a morte de [[Mongke]], iniciouse un proceso de división en [[canatos|Khanatos]] independentes dos territorios do Imperio. Para suceder Mongke, [[Berke]], khan da [[Horda Dourada]], apoiou a [[Arik Boke]], mentres que Hulagu apoiou a Khublai, quen tras derrotar ao seu irmán asumiu o trono en [[Karakorum]], tras as disputas que tiveran como resultado a aparición de rifas que levaran á fragmentación do Imperio.