Abrir o menú principal

Cambios

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/gran
=== ''Vacacións en Roma'' ===
[[Ficheiro:Audrey Hepburn Roman Holiday cropped.jpg|miniatura|esquerda|Hepburn en ''[[Vacacións en Roma]]'', 1953.]]
Nun primeiro momento os produtores querían a [[Elizabeth Taylor]] para o papel protagonista, pero o director William Wyler quedou impresionado pola proba de cámara de Audrey, na cal deixouse a cámara queda e empezáronselle a realizar unha serie de preguntas a Audrey, que non sabía que a cámara estaba gravando. As súas respostas e sinceridade demostraron o seu enorme talento e Wyler non dubidou en contratala. Wyler dixo: «''Ten todas as cousas que busco: encanto, inocencia e talento. Ademais é moi divertida. É absolutamente encantadora. Non dubidamos en dicir que é a nosa moza''». O seu compañeiro de repartición, Gregory Peck, xa era unha estrela consagrada e no póster da película o seu nome tiña máis importancia que o «''presentando a Audrey Hepburn''». Cando acabou o rodaxe, Peck chamou ao seu axente e fixo que lle desen a mesma importancia aos dous nomes. Peck predixo que ela gañaría o Óscar. Ambos, Hepburn e Peck, conectaron durante o rodaxe, ata houbo rumores de que tiveron unha relación amorosa, rumores desmentidos por ambos. Con todo, Audrey engadiu: «''En realidade, sentes algo de amor pola túa parella na película. Se vas interpretar un romance, tes que sentilo. Non o podes facer doutro xeito. Pero non o leves máis aló do plató''». Debido ao grangrande éxito de ''[[Vacacións en Roma]]'', Audrey foi portada da revista ''[[Time]]'' o [[7 de setembro]] de [[1953]].
 
A súa interpretación recibiu as alabanzas dos críticos. «''Aínda que non é precisamente unha recentemente chegada ao mundo da interpretación, Audrey Hepburn, a actriz británica que se mete na pel da princesa Anne, está espléndida, bellísima, alternando as súas escenas da realeza e as máis infantís durante a súa procura de praceres básicos e do amor. Aínda que sorrí ao final da película, ela segue sendo unha persoa lamentablemente soa que fai fronte a un futuro difícil''».<ref>A.H. Weiler, ''[[New York Times]]'', [[28 de agosto]] de 1953.</ref> Audrey referiuse no futuro a ''Vacacións en Roma'' como a súa película máis querida, xa que foi a que a fixo unha estrela.
=== ''Breakfast at Tiffany's'' ===
[[Ficheiro:Audrey Hepburn Tiffany's.jpg|miniatura|260px|Audrey Hepburn como Holly Golightly.]]
A súa interpretación de Holly Golightly en ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961) converteuna nunha icona do cine americano. Ela definiu o seu papel como «o máis ''jazz'' da miña carreira». Cando foi interrogada sobre o seu novo papel dixo: «Son introvertida. Actuar para ser unha moza extrovertida é a cousa máis difícil que fixen na miña vida». O elegante vestiario que usou na película estaba deseñado por [[Givenchy]]. Ademais, púxose mechas louras no pelo, ''look'' que tamén conservou fóra da pantalla. Este papel, sen dúbida o máis popular da súa carreira, estaba orixinariamente pensado para [[Marilyn Monroe]]. [[Truman Capote]], o autor da novela en que se basea a película, ademais de guionista, era un grangrande amigo da polémica actriz. Cando Marylin rexeitou o papel debido a que quería deixar de interpretar a «mozas inxenuas» e este chegoulle a Audrey, o personaxe de Holly sufriu varios cambios; entre eles, o personaxe deixaba de ser bisexual para ser heterosexual. Ademais, o seu traballo de prostituta de luxo queda moito máis difuso e en ningún momento faise a máis mínima referencia a este feito. A súa magnífica interpretación recibiría outro nomeamento aos Óscar, pero o premio foi parar á italiana [[Sophia Loren]] por ''[[Two Women]]''.
 
Hepburn habíase estabilizado como unha das actrices máis populares de América. En [[1963]] cantoulle o «Feliz aniversario» ao presidente [[John F. Kennedy|Kennedy]] como Marilyn Monroe fixera un ano antes. Malia todo iso, Audrey viviu unha vida moito máis reservada e humilde que a maioría das estrelas de Hollywood, como demostra o feito de que vivise en casas, non en mansións, e que cultivaba o seu propio horto, ademais da súa vocación por [[UNICEF]] e as súas múltiples viaxes a [[África]].
8.504

edicións