Cleopatra VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/gran
Liña 19:
Xa vimos como a familia real de Cleopatra desencadeara unha guerra civil entre os seus membros. Xulio César chegou a Exipto como xeneral romano para resolver esa cuestión e foi entón cando se deu a batalla no mar e o incendio de Alexandría. Despois de asegurar a Cleopatra no trono exipcio e casala co que foi [[Tolomeo XIV]] (o seu irmán menor), Xulio César regresou a Roma. Mais Cleopatra decidiu seguirlo, para o cal se preocupou de deixar no reino un goberno seguro. En Roma viviu como concubina de César e alí naceu o seu fillo (que se supón o era tamén de Xulio César) ao que chamaron [[Cesarión]]. No ano [[-44|44 a.C.]] sucedeu o asasinato de César, proxectado e executado por un grupo de familias senatoriais republicanas que vían nel a ambición dun futuro rei, cousa que odiaban. Despois da súa morte, Cleopatra regresou co seu fillo a Exipto; dise que mandou envenenar o seu irmán, o rei Tolomeo XIV, e que converteu a Cesarión en co-rexente.
 
Marco Antonio era un xeneral e político romano, amigo de Xulio César, que fora comandante xefe no seu exército. A raíz do asasinato deste, perseguiu os culpábeis, Marco Bruto e Caio Casio e ademais soubo enfrontar o pobo romano contra eles e soubo gañar o apoio e a inclinación das xentes a favor del. Ao xurdir outros dous rivais, formaron un triunvirato. Desencadeouse desta maneira unha guerra civil entre os partidarios do triunvirato e os seguidores republicanos. [[Marco Antonio]] chamou na súa axuda a reina Cleopatra, para que acudira coas súas naves a Tarso na actual [[Turquía]], mais a reina negouse a que Exipto entrara nunha guerra civil dos romanos. Marco Antonio decidiu entón viaxar a Exipto para falar directamente coa soberana e pedirlle explicacións. O resultado desta viaxe foi que ambos os personaxes se namoraron e que Marco Antonio decidiu quedar en Exipto ao lado de Cleopatra. Mais os asuntos de Roma reclamábano e no ano [[-40|40 a.C.]] tivo que regresar á capital do imperio. Alí cumpriu coa promesa de casar con Octavia, irmá de [[Octavio Augusto|Caio César Octavio Augusto]], o futuro primeiro emperador de Roma e sobriño neto de Xulio César. Octavio (que así se chamaba por aquel entón) era grangrande amigo de Marco Antonio, aínda que co tempo e os acontecementos, esta amizade veuse truncada.
 
Tras a marcha de Marco Antonio a Roma, Cleopatra deu a luz dous nenos xemelgos. No ano [[-36|36 a.C.]], Marco Antonio viaxou cunha expedición a Oriente para loitar contra os partos. Cleopatra reuniuse alí con el e alí tiveron o seu terceiro fillo. A campaña tivo un tal éxito que decidiron celebralo en Alexandría onde se quedaron a vivir, até que no ano [[-32|32 a.C.]], Octavio declarou a guerra a ambos, sublevou o pobo romano contra a má conduta de Marco Antonio e este divorciouse oficialmente de Octavia. Deuse entón a batalla de [[Accio]], no 31, que foi un desastre para Marco Antonio e a frota de Cleopatra. Despois desta derrota e enganado por un falso informe sobre a morte de Cleopatra, Marco Antonio suicidouse deixándose caer sobre a súa propia espada.