A.C. Milan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
convertir > converter
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 78:
A pesar dos éxitos, un grupo de socios desconformes coa afiliación de xogadores estranxeiros deixou o Milan para fundar un novo equipo, o [[Football Club Internazionale Milano]].<ref>{{Cita libro|título=1001 storie e curiosità sul grande Milan che dovresti conoscere|apelidos=Di Cera|nome=Giuseppe|editorial=Newton Compton|ano=2013|ISBN=978-88-541-5987-7|url=https://books.google.it/books?id=RlwdAgAAQBAJ&printsec=frontcover|ref=}}</ref> Despois da separación o Milan conseguiu dous scudettos, os de 1910-1911 e 1911-1912, ambos contra o [[Pro Vercelli]], mentres que en 1916 os rossoneri fixéronse coa Copa Federale (''Coppa Federale''). Nas temporadas seguintes, o equipo gañou dúas veces os campionatos rexionais pero non tivo éxito nas fases nacionais.
 
En marzo de 1919 o nome do equipo cambiouse a ''Milan Football Club''<ref name=":3">{{Cita libro|título=Almanacco illustrato del calcio 2015|apelidos=|nome=|editorial=Panini Comics|ano=2015|ISBN=978-88-912-1454-6|ref=}}</ref> e no 1926 inaugúrase o estadio [[Stadio Giuseppe Meazza|San Siro]], mandado construír polo presidente [[Piero Pirelli]], e que ata 1947 hospedaba só ao Milan, xa que o Inter xogaba no [[Arena Civica]].<ref>{{Cita web|url=http://www.sansiro.net/?page_id=186|páxina-web=|título=Historia de San Siro (en italiano)|data-acceso=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180501172109/http://www.sansiro.net/?page_id=186|dataarquivo=01 de maio de 2018|urlmorta=si}}</ref> No [[período de entreguerras]], os ''diavoli'', obtiveron só postos de media táboa, non pasando do terceiro posto conseguido nas tempadas 1937-1938 e 1940-1941. As estrelas da época foron [[Aldo Boffi]] e [[Giuseppe Meazza]].
 
En 1936 o equipo toma o nome de ''Milan Associazione Sportiva'', cambiada de novo en 1939, cando as autoridades [[Fascismo|fascistas]] impuxeron a ''italianización'' do nome pasando a ser ''Associazione Calcio Milano.<ref name=":3" />'' A comezos da posguerra e outra vez co nome de ''Milan Associazione Sportiva'', conseguen o cuarto posto na 1946-1947 e o título simbólico de campións de inverno na tempada seguinte.<ref>{{Cita web|url=http://www.fussballdaten.de/italien/1948/20/|páxina-web=|título=Clasificación a metade de tempada (en alemán)|data-acceso=8 de maio de 2018}}</ref>