Diferenzas entre revisións de «Bésta»

m
Ortografía
m
m (Ortografía)
A resistencia das [[armadura]]s fora aumentando co progreso da [[siderurxia]], o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de [[aceiro]] a comezos do [[século XIV]], que substituiu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituiu o anticipo máis equivalente ás [[arma de fogo|armas de fogo]]. Como nestas, a besta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril setero para alinealo co branco a acertar; e a súa efectividade a distancia só foi superada pola [[pólvora]].
 
A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calqueiracalquera inexperto podía matar a distancia a un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu una [[bula]] papal onde se previña á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".
 
A bésta utilízase na actualidade como [[deporte]], se ben non ten a categoría de [[deporte olímpico]], como si o ten o [[tiro con arco]].
61.374

edicións