Bronquite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: no:Bronkitt
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 7:
Na bronquite crónica a inflamación bronquial é persistente, o que provoca un deterioro progresivo da función pulmonar. É consecuencia de infeccións repetidas dos bronquios e bronquiolos ou de, por exemplo, o fume do [[tabaco]]. Vaise alterando a coberta mucosa dos tubos, que se estreitan e obstrúen por un aumento de secreción de moco e unha contracción excesiva dos [[músculo]]s da parede bronquial.
 
A primeira [[síntoma]] é unha [[tostose]] lixeira matutina da que habitualmente se culpa ao tabaco. Considérase que se evoluíu cara unha bronquite crónica cando o doente [[expectoración|expectora]] a maioría dos días durante tres meses consecutivos en máis de dous anos sucesivos. Débense ter excuído outras causas, como a [[tuberculose]] pulmonar ou a existencia de [[bronquiectasia]]s.
 
Na '''bronquite crónica simple''' o [[esputo]] é de aspecto mucoso (escumoso e brancuzco) e na '''bronquite crónica sobreinfectada''' o esputo é purulento (espeso e amarelo-verdoso).
 
A bronquite crónica pódese confundir co [[enfisema]] primario (tostose e expectoración escasas, mais [[disnea]] forte), coa [[asma]] crónica (respiración sibilante) ou con bronquiectasias.
 
[[Category:Doenzas]]