Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 3:
Liderados por artistas como [[Xurxo Souto]] ou [[Antón Reixa]], agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Xavier Valiño no libro "A paixón que queima o peito". En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas».
 
Formulado dende a periferia da [[Galiza]], o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos, non ten reparos en facerlle as beiras ó heavy (música de barrio á fin e ó cabo) e ós latexos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, as tradicións populares máis auténticas: sexan [[orquestra]] de verbena, [[gaita]]s de romeríaromaría, [[pandereteira]]s, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans [[fútbol|futbolísticos]]. Non en van, os siareiros do [[Depor]] acostuman levar nas súas saídas ó exterior música de grupos senlleiros do bravú, como [[Os Diplomáticos de Monte-Alto]], [[Heredeiros da Crus]] e [[Os Skornabois]].
Outros grupos destacados desta época son [[Xenreira]], [[Skárnio]], [[Os Papaqueixos]], [[Túzaros]], [[O Caimán do río Tea]], [[Kaos]], [[Ruín Bois]], [[Os Impresentables]]...