Douglas DC-6: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 19:
O '''Douglas DC-6''' é un avión de pasaxe e transporte fabricado por [[Douglas Aircraft Company]] dende [[1946]] ata [[1958]]. Orixinalmente pretendeu ser un transporte militar para as útimas etapas da [[Segunda Guerra Mundial]], pero foi redeseñado unha vez rematada a guerra para competir co [[Lockheed Constellation]] no mercado do transporte aéreo de longo alcance. Fabricáronse máis de 700 unidades e algúns deles aínda voan como cargueiros ou na extinción de incendios.
 
O DC-6 foi coñecido como '''C-118 Liftmaster''' na [[USAF|Forza Aérea dos Estados Unidos]] e como '''R6D''' na [[Armada dos Estados Unidos de América|Armada]] dese país ata [[1962]], cando todas as variantes pasaron a designarse C-118.
 
== Deseño e desenvolvemento ==
As [[Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos]] (USAAF) encargaron o proxecto DC-6 como o '''XC-112''' en [[1944]]. A USAAF quería unha versión alongada e presurizada do transporte [[Douglas C-54 Skymaster|C-54 Skymaster]] baseado no [[Douglas DC-4|DC-4]] con motores más potentes. Na época na que o prototipo XC-112A voou por vez primeira o [[15 de febreiro]] de [[1946]] a guerra rematara e a USAAF rescindiu o seu requisito, sendo o avión convertido no '''YC-112A''', vendido en [[1955]].<ref name=":0">Roach & Eastwood, 2007, p. 273</ref>
 
[[Douglas Aircraft Company|Douglas Aircraft]] modificou o deseño a un transporte civil 200 cm máis longo que o DC-4. O DC-6 civil voou por vez primeira o [[29 de xuño]] de [[1946]], sendo mantido por Douglas para probas. As primeiras entregas foron para [[American Airlines]] e [[United Airlines]] o [[24 de novembro]] dese ano.<ref name=":0" /> Unha serie de incendio en voo, incluído o accidente fatal do [[voo 608 de United Airlines]], deixou en terra á frota de DC-6 en [[1947]]. Atopouse que a causa era unha saída de combustible preto da entrada da turbina de refrixeración da cabina; todos os DC-6 foron modificados e a frota puido voar de novo tras catro meses en terra.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Bibliografía ==
* Roach, J and Eastwood A.B., ''Piston Engined Airliner Production List'', 2007, The Aviation Hobby Shop.
 
{{Control de autoridades}}