Sucesos de Casas Viejas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
==Historia e características==
O [[11 de xaneiro]] de [[1933]] tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como [[Benalup-Casas Viejas]]) unha revolta protagonizada por un grupo de [[Anarquismo|anarquistas]] da [[CNT]] que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da [[Garda Civil]] onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.
 
Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da [[Garda de Asalto]] que entraron a tiros nona pobovila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.
 
Coñecidos os feitos en toda [[España]], produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.
 
O periódico da [[CNT]] describiu os feitos como:
 
{{cita|''Fue una razzia de mercenarios de la legión en un aduar rifeño''.}}