Santiago Casares Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Casa Museo Casares Quiroga.jpg|150px|miniatura|esquerda|Casa natal.]]
Fillo de [[Santiago Casares Paz]], militante do [[Partido Republicano Federal]] e alcalde republicano da Coruña en 1917. Desde os cinco anos padeceu [[tuberculose]]. Cursou os estudos universitarios en [[Madrid]] e doutorouse en [[Dereito]] cunha tese dedicada á [[Ramón de la Sagra]]. Dende 1907 foi [[concelleiro]] na Coruña e nese ano converteuse nun dos membros destacados de [[Solidaridad Gallega]]. Ligado ao Partido Republicano Autónomo da Coruña do que foi líder con 24 anos. En [[1914]] asumiu a dirección do periódico republicano ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]''. Como consecuencia da súa implicación nunha campaña anticlerical en 1917 na que resultou agredido, foi destituído como concelleiro.

En 1919 figurou como candidato a [[Congreso dos Deputados de España|deputado a Cortes]] pola Coruña na coalición republicano-socialista. Casou en 1920 con Gloria Pérez Corrales, filla dun militar cacereño republicano e dunha [[Fábrica de Tabacos da Coruña|cigarreira]] coruñesa.<ref>{{Cita novas |apelidos={{Versaleta|Fraguas}} |nome=Rafael |url=https://elpais.com/diario/2008/07/23/madrid/1216812262_850215.html |título=El secreto del retrato olvidado en el Retiro |xornal=[[El País]] |data=23/7/2008 |lingua=Es }}</ref> Coa [[Ditadura de Primo de Rivera|chegada ao poder de Primo de Rivera]] permaneceu un curto período na cadea e despois dedicouse aos negocios e a administrar a súa fortuna. O 11 de febreiro de 1926 creouse a Alianza Republicana, e integrouse nela con [[Xerardo Abad Conde]] como representantes do Casino Republicano Coruñés.
 
O 5 de setembro de 1929 Casares reuniuse no Casino de [[Santiago de Compostela]] con [[Emilio González López]], [[Antón Villar Ponte]] e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominou ORGA ([[Organización Republicana Gallega Autónoma]]). Participou no [[Pacto de San Sebastián]] ([[1930]]), en representación da [[Federación Republicana Gallega]]. En decembro dese ano, foi enviado a [[Jaca]] como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
Liña 27 ⟶ 29:
Coa chegada da [[Segunda República Española|Segunda República]] foi nomeado [[Ministerio de Mariña de España|ministro da Mariña]] no goberno provisional, de abril a outubro de 1931,{{Sfn|{{Versaleta|Ruiz-Manjón}}|2018}} e máis tarde ministro de Gobernación. Elixido deputado polas [[Eleccións Xerais de 1931 en España|Cortes Constituíntes]] pola ORGA, seguiu sendo ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por [[Manuel Azaña]].
 
[[Ficheiro:Cquiroga.JPG|miniatura|Monumento na Coruña, obra de [[José Castiñeiras Iglesias|José Castiñeiras]].]]
Elixido deputado de novo en [[1933]], e en [[1934]] (a ORGA pasa a chamarse [[Partido Republicano Gallego]]) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a [[Izquierda Republicana]], partido que se integraría no [[Fronte Popular (España)|Frente Popular]]. Tralas [[Eleccións Xerais de 1936 en España|Eleccións Xerais de 1936]] é nomeado ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de [[Manuel Azaña]] á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1936]], o terceiro que se presenta despois dos de [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932|Cataluña]] (1932) e [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1936|País Vasco]] (1936), o cal foi aprobado en [[referendo|plebiscito]] o [[28 de xuño]] do mesmo ano.