Vidiadhar Surajprasad Naipaul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 50:
"O Curandeiro Místico" (''The Mystic Masseur'') é a súa primeira novela, trátase dunha sátira acerca do ascenso social de alguén que provén do ambiente rural e hindú de Trinidad.
"Os Simuladores" (''The Mimic Men'') é unha novela na cal analízase unha sorte de "esquizofrenia colonial" (iso segundo as propias palabras do autor na conferencia brindada ao recibir o premio Nobel).
En "A Perda do Dourado" (''The Loss of El Dorado''), o autor estuda a evolución da illa de Trinidad desde o descubrimento, a vida indíxena, pasando pola conquista inglesa. Nun xénero literario orixinal, que toma elementos da novela e do ensaio histórico, realizado segundo os documentos existentes na [[British Library]], Naipaul desenvolve o seu tema habitual, o estrañamento cultural, nun relato de grangrande interese literario e histórico.
 
"Un Camiño no Mundo" (''A Way in the World'') é unha colección de ensaios e novelas curtas sobre a illa de Trinidad, a súa historia, a súa xente e o desgarro cultural como denominadores comúns.
 
"A Turn in the South" é unha crónica que cobre os aspectos máis saíntes da vida do sur dos Estados Unidos. As historias do libro refírense á decadencia das familias aristocráticas do Sur, ao ascenso da poboación de raza negra, ás distintas relixións do sur, describe aos denominados "rednecks", visita Graceland para brindar as súas impresións acerca da mansión de Elvis Presley, dános unha idea da cultura xerada en torno ao cultivo do tabaco, entre outras historias. Todas elas tratan de facer unha síntese que abarque ao Sur como unidade cultural, dende as súas orixes ata a actualidade. Paradoxalmente non fai ningunha descrición de Oxford nin se ocupa da obra do grangrande escritor sureño William Faulkner, pero todo o libro tacitamente se refire ao mesmo, dado que dende a prosa, ocúpase dos mesmos temas que Faulkner narrou mediante a ficción. Trátase dun libro excelente para entender a atmosfera que rodea a obra de Faulkner, asemellándose a unha análise sociolóxica (de gran calidade) da obra do autor nacido en Oxford.
 
"India" (''India, a Wounded Civilization''), é unha colección de relatos e reportaxes realizadas por Naipaul na súa viaxe á India en 1990. Como contexto obsérvase a modernización do [[subcontinente indio]] e o seu contraste coa sociedade tradicional. Os parias, os [[sikhismo|sikhs]], os [[Pobo támil|támiles]], os [[brahmana]]s, a industria cinematográfica, os [[xiísmo|xiítas]], son descritos nos seus propios ambientes a través das historias persoais de distintos integrantes das devanditas comunidades.