Santiago Casares Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 25:
 
=== Segunda República Española ===
Coa chegada da [[Segunda República Española|Segunda República]] foi nomeado [[Ministerio de Mariña de España|ministro da Mariña]] no goberno provisional, de abril a outubro de 1931,{{Sfn|{{Versaleta|Ruiz-Manjón}}}} e máis tarde ministro de Gobernación. Elixido deputado polas [[Eleccións Xerais de 1931 en España|Cortes Constituíntes]] pola ORGA, seguiu sendo ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por [[Manuel Azaña]].
 
[[Ficheiro:Cquiroga.JPG|miniatura|Monumento na Coruña.]]
Elixido deputado de novo en [[1933]], e en [[1934]] (a ORGA pasa a chamarse [[Partido Republicano Gallego]]) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a [[Izquierda Republicana]], partido que se integraría no [[Fronte Popular (España)|Frente Popular]]. Tralas [[Eleccións Xerais de 1936 en España|Eleccións Xerais de 1936]] é nomeado ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de [[Manuel Azaña]] á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1936]], o terceiro que se presenta despois dos de [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932|Cataluña]] (1932) e [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1936|País Vasco]] (1936), o cal foi aprobado en [[referendo|plebiscito]] o [[28 de xuño]] do mesmo ano.
 
=== Guerra civil española ===
Segue sendo presidente do goberno cando se produce o [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] que desembocaría na [[guerra civil española]]. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por [[Diego Martínez Barrio]] de forma interina e por [[José Giral]] definitivamente. Así e todo, as memorias de [[Manuel Portela Valladares]] (inéditas até [[1972]]) e as da súa filla [[María Casares]], coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Azaña, quen cesou a Casares o mesmo [[18 de xullo]] de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.