Santiago Casares Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
fillos=Esther e [[María Casares]]|
}}
'''Santiago Casares Quiroga''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[8 de maio]] de [[1884]] e finado en [[París]] o [[17 de febreiro]] de [[1950]], foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do [[Pacto de San Sebastián]] (1930) e [[Congreso dos Deputados de España|deputado a Cortes]] da [[Organización Republicana Gallega Autónoma|ORGA]] (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa [[Izquierda Republicana]]. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno durante a [[Segunda República Española]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Casa Museo Casares Quiroga.jpg|150px|miniatura|esquerda|Casa natal.]]
Fillo de [[Santiago Casares Paz]], militante do [[Partido Republicano Federal]] e alcalde republicano da Coruña en 1917. Desde os cinco anos padeceu [[tuberculose]]. Cursou os estudos universitarios en [[Madrid]] e doutorouse en [[Dereito]] cunha tese dedicada á [[Ramón de la Sagra]]. Dende 1907 foi [[concelleiro]] na Coruña e nese ano converteuse nun dos membros destacados de [[Solidaridad Gallega]]. Ligado ao Partido Republicano Autónomo da Coruña do que foi líder con 24 anos. En [[1914]] asumiu a dirección do periódico republicano ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]''. Como consecuencia da súa implicación nunha campaña anticlerical en 1917 na que resultou agredido, foi destituído como concelleiro. En 1919 figurou como candidato a [[Congreso dos Deputados de España|deputado a Cortes]] pola Coruña na coalición republicano-socialista. Casou en 1920 con Gloria Pérez Corrales. Coa [[Ditadura de Primo de Rivera|chegada ao poder de Primo de Rivera]] permaneceu un curto período na cadea e despois dedicouse aos negocios e a administrar a súa fortuna. O 11 de febreiro de 1926 creouse a Alianza Republicana, e integrouse nela con [[GerardoXerardo Abad Conde]] como representantes do Casino Republicano Coruñés.
 
O 5 de setembro de 1929 Casares reuniuse no Casino de [[Santiago de Compostela]] con [[Emilio González López]], [[Antón Villar Ponte]] e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominou ORGA ([[Organización Republicana Gallega Autónoma]]). Participou no [[Pacto de San Sebastián]] ([[1930]]), en representación da [[Federación Republicana Gallega]]. En decembro dese ano, foi enviado a [[Jaca]] como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
Liña 28:
 
[[Ficheiro:Cquiroga.JPG|miniatura|Monumento na Coruña.]]
Elixido deputado de novo en [[1933]], e en [[1934]] (a ORGA pasa a chamarse [[Partido Republicano Gallego]]) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a [[Izquierda Republicana]], partido que se integraría no [[Fronte Popular (España)|Frente Popular]]. Tralas [[Eleccións Xerais de 1936 en España|Eleccións Xerais de 1936]] é nomeado ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de [[Manuel Azaña]] á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1936]], o terceiro que se presenta despois dos de [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932|Cataluña]] (1932) e [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1936|País Vasco]] (1936), o cal foi aprobado en [[referendo|plebiscito]] o [[28 de xuño]] do mesmo ano.
 
Segue sendo presidente do goberno cando se produce ao [[sublevaciónGolpe militarde Estado do 18 de xullo de 1936]] que desembocaría na [[guerra civil española]]. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por [[Diego Martínez Barrio]] de forma interina e por [[José Giral]] definitivamente. Así e todo, as memorias de [[Manuel Portela Valladares]] (inéditas até [[1972]]) e as da súa filla [[María Casares]], coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Azaña, quen cesou a Casares o mesmo [[18 de xullo]] de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.
 
Non ocupou ningún cargo máis durante a Guerra Civil, marchando a [[Francia]] antes da súa finalización. Morreu no exilio en [[1950]].
 
A súa figura foi especialmente infamada polo [[franquismo]], véxase como exemplo a seguinte misiva do [[Gobernadores civís da Coruña|gobernador civil da Coruña]], [[José María Arellano Igea|José María de Arellano]], ás [[Junta Técnica del Estado|autoridades de Burgos]]:
 
{{Cita
|{{Espazos|6}} <u>Tradución ao galego (de Wikipedia):</u>
O nome de Santiago Casares Quiroga será borrado de tódolos rexistros e, sendo indigno de figurar no rexistro de nacementos que se leva nos Xulgados municipais, constituídos por seres humanos e non por alimarias do nome de Santiago Casares Quiroga, someto á súa consideración a procedencia de que se cursen as ordes oportunas para que o folio oprobioso do Rexistro Municipal desta cidade no que se acha inscrito o seu nacemento se faga desaparecer. Neste sentido comunicarame V. E. a prestación desta obrigada homenaxe á España Unha, Grande e Libre de Franco. No acta do Colexio de Avogados e en cantos libros figure o nome repugnante de Santiago Casares Quiroga deberá procederse, así mesmo, para que as xeracións futuras non atopen máis vestixio seu que a súa ficha antropolóxica de fuxido. Deus Garde a vostede moitos anos. — A Coruña, 26 de novembro de [[1937]]. O [[Gobernadores civís da Coruña|Gobernador Civil]], [[José María Arellano Igea|José María de Arellano]].
 
|col2={{Espazos|6}} <u>Texto orixinal (en castelán):</u>
 
El nombre de Santiago Casares Quiroga será borrado de todos los registros y, siendo indigno de figurar en el registro de nacimientos que se lleva en los Juzgados municipales, constituidos por seres humanos y no por alimañas del nombre de Santiago Casares Quiroga, someto a su consideración la procedencia de que se cursen las órdenes oportunas para que el folio oprobioso del Registro Municipal de esta ciudad en el que se halla inscrito su nacimiento se haga desaparecer. En este sentido me comunicará V. E. la prestación de este obligado homenaje a la España Una, Grande y Libre de Franco. En el acta del Colegio de Abogados y en cuantos libros figure el nombre repugnante de Santiago Casares Quiroga deberá procederse, asimismo, para que las generaciones futuras no encuentren más vestigio suyo que su ficha antropológica de forajido. Dios Guarde a usted muchos años. — La Coruña, 26 de noviembre de [[1937]]. El [[Gobernadores civís da Coruña|Gobernador Civil]], [[José María Arellano Igea|José María de Arellano]].<ref>{{Cita libro |nome=Daniel |apelidos={{Versaleta|Arasa}} |título=Historias curiosas del franquismo |páxinas=36, 38 |ano=2008 |url=https://books.google.es/books?id=HMFy1QqnmX8C&lpg=PA36&dq=%22Santiago%20Casares%20Quiroga%22&hl=es&pg=PA36#v=onepage&q=%22Santiago%20Casares%20Quiroga%22&f=false |editorial=Robinbook |localización=Barcelona |lingua=es |isbn=978-84-7927-979-0 }}</ref>
}}