Santiago Casares Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
O 5 de setembro de 1929 Casares reúnese no Casino de Santiago de Compostela con Emilio González López, Antón Villar Ponte e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominño ORGA ([[Organización Republicana Gallega Autónoma]]). Participou no [[Pacto de San Sebastián]] ([[1930]]), en representación da Federación Republicana Gallega. En decembro dese ano, foi enviado a [[Jaca]] como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
=== Segunda República ===
 
Coa chegada da [[Segunda República Española|República]] foi nomeado ministro da Mariña no goberno provisional e máis tarde ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por [[Manuel Azaña]].