Theodore Roosevelt, Jr.: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 33:
 
== Traxectoria ==
Foi un político americano que vén dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o século XVII, entrou no [[Partido Republicano (Estados Unidos de América)|partido republicano]] e converteuse no líder da tendencia imperialista.
 
Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para encabezar un corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Riders" que se destacarían contra os españois durante a [[guerra de Cuba]]. Feito un heroe popular, elixírino como Gobernador de Nova York (1899-1900) logo Vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao Presidente [[William McKinley|McKinley]], que acababa de ser asasinado. Reelixido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).
 
Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interviu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.
Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados-Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de fomentar unha secesión en [[Colombia]], obtivo da nova República de [[Panamá]] a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. A [[Canle de Panamá|canle]] sería inaugurada en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interviu activamente na política mundial, proporcionou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e erixiuse como o campión da arbitraxe internacional, o que lle valeu o [[Nobel da Paz]] (1906).
 
En desacordo co seu propio partido, Roosevelt, presentouse de novo á Presidencia en 1912 pero desta vez xa non foi elixido.