Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna. / Ficheiro de imaxe.
Liña 415:
 
=== Bach na cultura popular ===
[[Ficheiro:Gedenk-bach-10er-vorne001.jpg|miniatura|Bach no [[anverso]] dunha [[moeda]] conmemorativa de [[Marco alemán|10 marcos]] de [[Alemaña]]]]
Johann Sebastian Bach é un dos compositores máis coñecidos da historia da música clásica. A súa imaxe ten sido empregada en diversos formatos artísticos e doutra índole, como [[póster]]s, [[caricatura]]s e [[postal|postais]].<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/index.htm |título=Bach in Arts and Memorabilia |lingua=en|dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> Emitíronse [[selo postal|selos postais]] e outros documentos [[filatelia|filatélicos]] e [[numismática|numismáticos]] en numerosos países do mundo, en moitos casos para conmemorar os aniversarios do seu nacemento e morte.<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Stamp/index.htm |título=Bach in Arts - Bach on Stamps & Envelopes |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> Tamén se [[Cuñaxe|acuñaron]] [[moeda]]s, [[medalla]]s e [[medallón]]s conmemorativos.<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Medal.htm |título=Bach in Arts - Medals, Medallions & Coins |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref>
 
A súa imaxe foi empregada en diversos artigos de ''[[merchandising]]'', como reloxos,<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Clock.htm |título=Bach Memorabilia - Bach Clocks |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> obxectos para fumar (como [[Pipa de tabaco|pipas]], bitolas de [[puro]] ou caixas de tabaco),<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Smoke.htm |título=Bach Memorabilia - Bach Smoking Objects |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> cuncas e xerras,<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Mug.htm |título=Bach Memorabilia - Bach Mugs, Cups & Steins |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> bonecos de xoguete,<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Toy.htm |título=Bach Memorabilia - Bach Toys & Dolls |lingua=inglés |dataacceso=30de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref> ou [[caramelo]]s e [[chocolate|chocolatinas]].<ref>{{Cita web |url=http://bach-cantatas.com/Memo/R-Sweet.htm |título=Bach Memorabilia - Bach Sweets |lingua=inglés |dataacceso=30 de novembro de 2014|páxina-web=Bach Cantatas Website}}</ref>