Tolomeo I Sóter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 1:
{{biografía}}
'''Tolomeo I Sóter''' ("o Salvador") (en {{lang-el|Πτολεμαίος Σωτήρ}}), nado no [[reino de Macedonia]] en [[-367|367 a.C.]] e finado en [[Alexandría]] en [[-283|283 a.C.]], foi un xeneral [[Antigos macedonios|grego macedonio]] ao servizo de [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]] e un dos tres [[diádocos]] que se disputaron o control do seu extenso imperio. Tolomeo converteuse en gobernante de [[Período helenístico de Exipto|Exipto]] entre 323 e 282 a. C. e alí iniciou unha [[Dinastía tolemaica|dinastía]], tamén coñecida como Láxida, que controlou o país nos seguintes tres séculos.<ref>[http://www.reshafim.org.il/ad/egypt/texts/lagides.htm The decree of Ptolemy Lagides]</ref> Exipto converteuse así nun reino [[Período helenístico|helenístico]] e a cidade de [[Alexandría]] nun dos centros da [[Cultura de Grecia|cultura grega]]. Asimilou algúns aspectos da [[Cultura de Exipto|cultura exipcia]] e coroouse como [[faraón]] en 305 a.C., aínda que este título tan só o usaba ante os cidadáns exipcios, mentres que para os estranxeiros se presentaba como ''[[basileus]]'', tal e como se pode comprobar nas [[Moeda da Antiga Grecia|moedas]] que se [[Cuñaxe|acuñaron]] baixo o seu goberno.
 
Tolomeo I era fillo de [[Arsínoe de Macedonia]], mentres que o seu pai puido ser o marido desta, Lagos, ou o rei [[Filipo II de Macedonia]], pai de Alexandre. Tolomeo foi un dos xenerais de maior confianza de Alexandre e estaba entre os sete ''[[somatophylakes]]'', escoltas, que o protexían. Era algúns anos máis vello ca Alexandre e foi o seu amigo íntimo dende a infancia.