Split: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 45:
| Preposición = en
}}
A pesar de que a cidade quedou baixo soberanía [[Imperio bizantino|bizantina]] desde [[812]] até [[1089]], Spalato conservou a súa autonomía política, como cidade "Comune" dos Dalmatos Italianos.<ref name="capta">[http://capita.wustl.edu/solta/culture/split.html SPLIT, dalmacija, croatia.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090805183636/http://capita.wustl.edu/Solta/Culture/Split.html |date=05 de agosto de 2009 }} Solta. Consultado o '''20/12/2008'''.</ref> A finais do [[século VIII]], iniciouse a eslavización da cidade, que quedou plasmada parcialmente na arquitectura dalgunhas igrexas. A inicios do [[século XII]], os pobos da Dalmacia foron gobernados polos [[Hungría|húngaros]], con todo, Spalato puido redactar as súas propias leis municipais en [[1312]], e até [[Cuñaxe|acuñou]] a súa propia [[moeda]].<ref name="capta"/> En [[1420]], os [[república de Venecia|venecianos]] obtiveron a soberanía da Dalmacia, e aínda que respectaron a autonomía da cidade, incluíndo as súas leis, o goberno municipal foi executado sempre por un príncipe-capitán veneciano. Durante todos estes gobernos venecianos, a cidade prosperou, e estendeuse máis aló das murallas, con fermosos edificios e un alto campanario. Algunhas familias venecianas trasladáronse a Spalato, onde crearon parte da aristocracia local.
 
No [[século XV]], os [[Imperio otomán|turcos otománs]] chegaron a Dalmacia, e aínda que tomaron o control do corazón da rexión, non entraron a Spalato, que permaneceu baixo o control de Venecia. Para [[1718]], as guerras turco-venecianas acabaron coa presenza dos turcos na Dalmacia, e Spalato continuou oficialmente baixo a soberanía de Venecia até [[1797]], cando [[Napoleón Bonaparte]] disolveu a [[República de Venecia]], e a Dalmacia quedou baixo o control de [[Austria]] (véxase [[Tratado de Campo Formio]]). Con todo, tras a [[Batalla de Wagram]] en [[1809]], Austria perdeu Spalato, que quedou baixo control francés, integrada primeiro no "Reino napoleónico de Italia" e logo nas [[Provincias Ilirias]]. Para [[1813]], a cidade atopábase de novo baixo control [[Imperio austríaco|austríaco]], e iniciouse un período de estancamento político e social.