Abrir o menú principal

Cambios

Ligazón interna.
[[Ficheiro:Lenin - The Third, Communist International.ogg|miniatura|right|239x239px|<center>''Discurso de Lenin na 3ª Internacional''</center>.]]
{{Contén texto cirílico}}
'''Vladimir Ilich Lenin''' (en [[lingua rusa|ruso]]: Владимир Ильич Ленин; <small>[[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]</small>: [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] <small class="nowrap">&nbsp;([[Ficheiro:Speaker Icon.svg|13px|alt=|link=]] [[:Media:Ru-Lenin.ogg|escoitar]])</small>; nado '''Vladimir Ilich Ulianov''', en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o [[22 de abril]] <small>([[Calendario xuliano|xul.]] [[10 de abril]])</small> de [[1870]] en [[Simbirsk]] e falecido o [[21 de xaneiro]] de [[1924]] en [[Moscova]], foi un [[Revolución|revolucionario]] [[Comunismo|comunista]], [[político]] e [[Ciencia política|teórico político]] [[Rusia|ruso]] que serviu como líder da [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia|R. S. S. F. de Rusia]] dende [[1917]] e de presidente do Consello de Ministros da [[Unión Soviética]] dende [[1922]] até [[1924]].
 
Nado no seo dunha adiñeirada familia de [[Clase social|clase media]] en [[Simbirsk]], Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de [[esquerda política|esquerda]] logo da execución do seu irmán en [[1887]]. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas [[Tsar|antitsaristas]], adicando os seguintes anos á obtención do título en [[dereito]] e á [[Radicalidade|política radical]], adoptando as teses do [[marxismo]]. En [[1893]] mudouse á daquela capital de Rusia [[San Petersburgo]], onde continuou coa súa actividade política, converténdose nunha figura importante dentro da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. Arrestado e exiliado a [[Siberia]] durante tres anos, consegue fuxir posteriormente cara a [[Europa occidental]], vivindo en [[Alemaña]], [[Inglaterra]] e [[Suíza]]. Despois da [[Revolución de Febreiro|Revolución de Febreiro de 1917]] na que foi derrocado o [[Tsar]], e na que un goberno provisional asume o poder, decide regresar ao seu lar.
== Legado ==
{{Cita|"Tan influente como o foi en vida, é posible que Lenin aínda o sexa máis trala súa morte. Máis de 100 millóns de persoas gardaron cola para ver o seu corpo embalsamado. As súas memoria foron utilizadas para xustificar calquera cambio na política soviética e en cada novo réxime trala a súa morte. As súas teorías inspiraron as exitosas revolucións de [[Fidel Castro]], [[Mao Tse Tung]] e [[Ho Chi Minh]], así como un outras moitas revolucións en países cheos de xente oprimida e sen poder."|''Vladimir Lenin: A voz da revolución'', [[Biography|A&E Biography]], [[2005]]}}
[[Ficheiro:URSS 1 rublo centenario nascita Lenin.JPG|miniatura|left|[[Moeda]] conmemorativa ([[Rublo soviético|rublo]]) [[Cuñaxe|acuñada]] en [[1970]] na honra do seu centenario.]]
Cando Lenin morreu o [[21 de xaneiro]] de [[1924]] preto de [[Moscova]],<ref>{{cita web|título=Top 25 Political Icons. Lenin|url=http://www.time.com/time/specials/packages/article/0,28804,2046285_2045996_2046096,00.html|obra=[[Revista Time]]|lingua=inglés|ano=[[2011]]|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref><ref>{{cita web|título=Flight From Freedom: What Russians Think and Want|url=http://www.foreignaffairs.com/articles/59887/richard-pipes/flight-from-freedom-what-russians-think-and-want|ano=[[2004]]|lingua=inglés|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref><ref>{{cita web|título=Vladimir Ilich Lenin|url=http://www.encyclopedia.com/topic/Vladimir_Ilich_Lenin.aspx|obra=Artigo da International Encyclopedia of the Social Sciences|lingua=inglés|ano=[[1968]]|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]}}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> foi aclamado como "o maior xenio da humanidade" e "o líder e mestre de tódolos pobos do mundo enteiro". O historiador John Arch Getty remarcou que "Lenin merece un gran recoñecemento pola idea de que os humildes poden herdar a terra, que pode haber un movemento político baseado na xustiza social e a igualdade". A [[revista Time]] nomeouno unha das 100 persoas máis importantes do [[século XX]] e un dos seus 25 principais símbolos políticos de tódolos tempos; destacando que "durante décadas, sacudiron o mundo rebelións marxista-leninistas mentres cadáver embalsamado de Lenin permanecía en repouso na praza Vermella". Trala disolución da [[Unión Soviética]] en [[1991]], descendeu a reverencia pola figura de Lenin entre as xeracións máis novas, con todo, segue a ser unha importante figura histórica para as xeracións da era soviética.
 
16.543

edicións