Al-Andalus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 9:
 
== Etimoloxía ==
O nome ''Al-Andalus'' apareceu por primeira vez como designación para a Península Ibérica en [[716]], nunha moeda bilingüe que foi alí [[Cuñaxe|acuñada]]. Nesa moeda a verba ''Span(ia)'', en [[latín]], correspondía a ''Al-Andalus'', en [[lingua árabe|árabe]].
 
Segundo [[Reinhardt Dozy]] (1820-1883), investigador [[Países Baixos|neerlandés]] do Islam, a verba ''Al-Andalus'' estaría relacionada ó vocábulo ''Vandalicia'', nome que el afirmaba ter recibido a [[Bética]] romana cando os [[vándalos]] alí se asentaran entre [[409]] e [[429]] d.C.. Esta posición foi compartida por outros estudosos, entre eles [[Évariste Lévi-Provençal]], mais nunca foi posible atopar probas documentais que mostren que a Bética foi algunha vez chamada ''Vandalicia''.