Besante: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Axuste de ligazón interna. |
Ligazón interna. |
||
Liña 8:
== Na numismática ==
As primeiras moedas ás que se lles aplicou esta denominación foron as de ouro emitidas polo propio Imperio Bizantino, é dicir, o [[nomisma]] e, xa a partir do [[século XI]], o [[hyperpyron]]. Máis adiante, o termo ampliouse aos [[dinar]]es dos [[califato]]s [[Islam|islámicos]] [[Cuñaxe|cuñados]] sobre a base daquelas moedas, sobre todo ata o século XIII, aínda que a denominación se mantivo posteriormente durante séculos como unidade de conta.<ref>Grierson, Ph. "Bezant". En ''The Oxford Dictionary of Byzantium''. Oxford University Press, 2005. ISBN 9780195046526</ref><ref>Ehrenkreutz, A. S. "Arabic Dinars Struck by the Crusaders: A Case of Ignorance or of Economic Subversion". En ''Journal of the Economic and Social History of the Orient.'' 7:2 (1964)</ref> Entre [[1130]] e [[1140]], os [[Croacia|Estados croatas]], que ata daquela emitiran moedas non distinguibles dos dinares, comezaron a emitir tamén besantes, máis lixeiros e con menor cantidade de ouro cós dinares.<ref>Boas, Adrian J. ''Crusader Archaelogy: The Material Culture of the Latin East''. Routledge, 1999. Páxina 181. ISBN 0415173612</ref>
Pola súa vez, ás moedas de ouro emitidas polo [[Reino de Xerusalén]] e o [[Condado de Trípoli]] denominóuselles "besantes sarracenos", xa que estaban concibidas a partir do dinar.<ref>"A Hoard of Early Tripolitan Crusader Bezants". En ''The Numismatic Chronicle''. Vol. 154 (1994) pp. 214-217.</ref><ref>Blancard, L. "[[iarchive:lebesantdorsarra00blan|Le besant d'or sarrazinas, pendant les croisades]]" 1879.</ref>
|