Real portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 11:
 
=== O real ===
Só no tempo de Afonso IV, o diñeiro pasou a ser coñecido por ''alfonsim'' ou ''real.'' Alfonsim porque a cunhaba o rei Afonso e real porque era a moeda do rei, da realeza portuguesa. Como foi un rei forte no seu tempo, reinando durante máis de 32 anos, o nome acabou por perpetuarse. Antes de Afonso IV, as moedas [[Cuñaxe|cuñadas]] polos reis portugueses chamábanse de ''diñeiro'', que é a evolución á lingua vulgar da palabra ''[[denario]]'', [[Moeda da Antiga Roma|moeda romana]] que aínda circulaba en [[Europa]].
 
Ese ''diñeiro'' portugués cuñábase cunha aliaxe de [[cobre]] e [[prata]] chamada [[Billón (aliaxe)|billón.]] Tamén se cuñaba unha ''mealla'', coa mesma liga, que valía exactamente a metade do ''diñeiro.'' A partir de [[Afonso II de Portugal|Afonso II]] (1211-1223) xa non se cuñou máis a ''mealla'', aínda que se mantivo na práctica. Como a ''mealla'' valía a metade dun ''diñeiro'', cando cumpría troco, cortábase un diñeiro en dúas metades. Esas moedas de billón tiñan nunha das súas faces a Cruz da [[Orde do Temple|Orde do Templo.]] A pesar do "real alfonsim", aínda pasaría moito tempo ata a uniformización do sistema monetario portugués.