Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
arranxo
Liña 70:
Na [[América Central]] os membros do [[CA-4]], tratado que ten a [[Guatemala]], [[O Salvador]], [[Honduras]], e [[Nicaragua]] coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado "Pasaporte da América Central". O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e O Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloque a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa portada azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente co territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o [[mapa]]. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, [[holografía]]s e [[marca de auga|marcas de auga]], sendo este pasaporte un dos máis seguros do [[Terra|mundo]].
 
A Comunidade Caribeña ([[CARICOM]]) recentemente iniciou a emisión de pasaportes comúns, presentando o [[símbolo]] do CARICOM xuntamente aos selos e nomes oficiais dos estados membros mostrados no seu idioma oficial: inglés, neerlandés ou francés. O primeiro membro do bloque que emitiu o pasaporte do CARICOM foi [[Suriname]], que foi seguido por [[San Vicente e as Granadinas]], [[Güiana]], [[Antiga e Barbuda]] e outros países.
 
A [[Declaración de Cuzco|declaración adoptada]] en [[Cuzco]], [[Perú]], que resultou na [[Unión de Nacións Suramericanas]], incluía un intento para o estabelecemento dun pasaporte común, mais iso parece ser algo aínda distante de súa concreción. Algúns membros dos bloques sub-rexionais coma o [[Mercosur]] e a [[Comunidade Andina de Nacións]] emiten pasaportes cos seus nomes e selo oficiais e mais o nome do grupo, por exemplo [[Paraguai]] e [[Ecuador]]. Os países da Comunidade Andina confeccionarán a partir de 2005 os seus pasaportes co nome do bloque rexional en español.