Abrir o menú principal

Cambios

arranxo
 
=== Teach convértese en Barbanegra ===
O [[28 de novembro]] de 1717, os dous navíos de Teach atacaron unha embarcación mercante francesa na costa de [[Illa de San Vicente|San Vicente]]. Cada un deles disparou unha salva lateral que matou a varios dos tripulantes do mercante, forzando o capitán a se render.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|p=14}}</ref> O navío era o ''La Concorde'' de [[Saint-Malo]], cun cargamento de escravos. Teach e súa tripulación levaron ao navío rumbo sur ao longo de [[San Vicente e as Granadinas]] con destino a [[Bequia]], onde desembarcaron a tripulación e a carga do mercante, ficando co navío para o seu propio uso. A tripulación do ''La Concorde'' recibiu a menor das dúas corvetas de Teach, a que renomearon como ''Mauvaise Rencontre'' (do [[lingua francesa|francés]]: ''Mal Encontro'') e viaxaron cara a [[Martinica]]. Teach puido ter recrutado algúns dos escravos, mais os restantes foron deixados na illa e posteriormente foron capturados de novo pola tripulación do ''Mauvaise Rencontre''.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=81–88}}</ref>
 
Teach inmediatamente cambiou o nome do navío de ''La Concorde'' a ''[[Queen Anne's Revenge]]'' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Vinganza da raíña Ana'') e equipouno con corenta canóns. A finais de novembro, preto de San Vicente, atacou o navío ''Great Allen''. Tras un longo enfrontamento forzou ao gran e ben armado navío mercante a se render e ordenoulle que navegase cara á costa, desembarcando a tripulación e baleirando as bodegas de carga, para posteriormente queimar e afundir o navío. Este incidente publicouse no ''The Boston News-Letter'', que describiu a Teach como o comandante dun "navío francés de trinta e dous canóns, un [[bergantín]] de dez canóns e unha corveta de doce canóns." Descoñécese en que momento ou lugar conseguiu Teach o bergantín de dez canóns, pero sábese que naquel entón estaba ao mando de como mínimo cento cincuenta homes divididos entre os tres navíos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|p=18}}</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|p=88}}</ref>