Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
A compilación deste cancioneiro fíxose en [[Italia]] no final do [[século XV]] ou inicios do [[século XVI]] por encargo do humanista [[Angelo Colocci]]. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).
 
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razós'' esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaronse a nósconservan. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por [[Manuel I de Portugal]] ao papa [[León X]] (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados por Colocci dende o orixinal ou os orixinais e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.
 
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>{{Versaleta|[[Henrique Monteagudo|Monteagudo, H.]]}} et al. (1998): ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Ed. Galaxia, páxina 50</ref><ref>{{Versaleta|[[Xosé Ramón Pena|Pena, X. R.]]}} (2002): ''Historia da literatura medieval galego-portuguesa''. Sotelo Blanco, p. 105-106.</ref> Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobar]], e cinco [[lai]]s narrativos.