Facultade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Biblioteca Historia.jpg|250px|dereita|miniatura|Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia.]]
Unha '''facultade''' é unha institución docente de [[estudo]] e [[investigación]] que normalmente constitúe unha subdivisión dunha [[universidade]]. Abrangue unha área de estudo concreta ou un conxunto de áreas relacionadas.<ref>Charles William Eliot, Association of American Universities, "Discussion of the Actual and the Proper Line of Distinction Between College and University", ''Journal of proceedings and Addresses of the First and Second annual conferences'', Volumes 1-12 (1901), p. 38.</ref> A antiga [[Universidade de París]], que serviu de modelo para a maioría das universiades [[medievo|medievais]] de [[Europa]], tiña catro facultades: [[Teoloxía]], Leis, [[Medicina]] e [[Arte]]s. Todos os alumnos tiñan que graduarse nunha delas para poder proseguir os estudos noutra das tres restantes.
 
As facultades deben o seu nome ó feito de que teñen a atribución ou potestade legalmente recoñecida de outorgar graos académicos, o cal supón que son consideradas autoridades cualificadas para certificar a calidade da formación e os coñecementos dos seus propios titulados. Os graos académicos que outorga unha facultade poden ser de [[licenciatura]] ou [[enxeñaría]], de mestría e especialmente, o de [[doutoramento]]. Tamén poden ofrecer [[diplomatura]]s. Antigamente outorgaban tamén o grao de [[bacharelato]], que era un grao académico até certo punto semellante á actual diplomatura. Nalgunhas universidades, como a [[Universidade Nacional Autónoma de México|UNAM]] de México, os centros docentes que non teñen programas de doutoramento son chamadas escolas, reservando o nome de ''facultade'' para aqueles que si o teñen.