Diferenzas entre revisións de «Con pólvora e magnolias»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios)
'''''Con pólvora e magnolias''''' é un libro de [[poesía]] escrito por [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] en [[lingua galega]], e publicado por [[Grupo Rompente|Rompente]] en [[1976]].
 
A publicación en [[1976]] desta obra, xunto con ''Mesteres'', de [[Arcadio López-Casanova]], vai significar un cambio dentro da poesía galega. Estes dous poemarios supuxeron un redescubrimento das posibilidades da linguaxe, dos recursos formais, da dimensión estética do poema e dos temas nun momento en que a poesía socialrealista descendera de calidade debido aos excesos que dela se fixeran<ref>{{Cita libro|título=Con pólvora e magnolias|apelidos=Méndez Ferrín|nome=X.L. (Edición de [[Carmen Blanco García|Carmen Blanco]] e [[Claudio Rodríguez Fer]])|editorial=Edicións Xerais|ano=1989|isbn=84-7507-369-7|páxina=24-25|ref=}}</ref>.
 
{{cita|''Con pólvora e magnolias'' supuxo, a xuízo de toda a crítica, unha pauta produtiva decisiva para evitar a asfisia do repertorio galego, tanto por reclamar espazos para o subxectivismo e a introspección como por inscribirse nun camiño crítico coa hipertrofia do socialrealismo formulado desde a vontade de inclusión desde os postulados ideolóxicos da poesía cívica e combativa. A apertura ao culturalismo e á tradición cultura europea, que volven fastosa e preciosista a composición e retoman a temática clásica, dáse en paralelo a unha revisión práctica do canon poético galego que toma como modelo a obra final de Álvaro Cunqueiro e, no que toca á serie combativa, parte dos postulados dunha praxe lingüística revolucionaria que propugna o moi citado Mao Tse Tung<ref>{{Cita libro|título=Diccionario da Literatura Galega III. Obras|apelidos=Vilavedra|nome=Dolores (Coord.)|editorial=Galaxia|ano=2000|ISBN=84-8288-365-8|páxina=98|ref=}}</ref>.}}
226.373

edicións