Esaú de' Buondelmonti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Bibliografía: arranxo urlmorta con edición con acceso ao texto completo
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Esaú era o fillo do nobre [[Florencia|florentino]] [[Manente Buondelmonti]] e de [[Lapa Acciaioli]], irmá de [[Niccolò Acciaioli]] de [[Corinto antiga|Corinto]]. Esaú chegara a [[Grecia]] para buscar fortuna como os seus parentes da familia Acciaioli, pero en 1379 fora capturado nunha batalla contra [[Tomé Preljubović]] de Epiro. Despois de pasar varios anos preso, acabou sucedendo ao seu captador ao casar coa viúva deste último, [[María Anxelina Ducaina Paleóloga]] en febreiro de 1385.
 
Esaú inmediatamente reverteu as políticas impopulares do tiránico Tomé, chamando aos nobres exiliados e restablecendo a Mateo, o bispo de Ioánina que fora expulsado. O novo gobernante seguiu unha política de pacificación, e buscou reconciliación tanto cos clans [[Pobo albanés|albaneses]] como co [[Imperio Bizantino|Imperio bizantino.]] En 1386 unha embaixada bizantina chegou a Ioánina e investiu a Esaú co título de déspota. Aínda que o seu territorio era totalmente independente de [[Constantinopla]], este recoñecemento axudoulle a fortalecer e lexitimar a súa posición.