Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m sen acento no DRAG
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 135:
En Roma a casta médica organizábase xa, dun modo que recorda á actual división por especialidades, en médicos xerais (''medici''), cirurxiáns (''medici vulnerum'', ''chirurgi''), oculistas (''medici ab oculis''), dentistas, e os especialistas en enfermidades do oído. As [[lexión romana|lexións romanas]] dispoñían dun cirurxián de campaña e dun equipo capaz de instalar un hospital en pleno campo de batalla para atender os feridos.<ref>Haggard, Howard (1962): ''El médico en la historia''. Buenos Aires: Editorail Sudamericana.</ref> Un destes médicos lexionarios foi [[Dioscórides]], grego, un dos primeiros [[botánica|botánicos]], autor do manual farmacolóxico máis coñecido e empregado até o [[século XV]]. As súas viaxes co exército romano permitíronlle recompilar gran número de herbas e substancias medicinais e redactar a súa magna obra ''De Materia Medica''.
 
Pero a figura médica romana por excelencia foi [[Galeno]] de [[Pérgamo]] ([[129]] - [[201]]), cuxa influencia, e tamén os seus erros anatómicos e fisiolóxicos, perduraron até o [[século XVI]]. Estudou medicina con dous seguidores de Hipócrates, Estraconio e Sátiro, e despois visitou as escolas de medicina de [[Esmirna]], [[Corinto antiga|Corinto]] e [[Alexandría]]. Finalmente viaxou a Roma onde a súa fama levouno a ser o médico do emperador ([[Marco Aurelio]]). Aínda que de formación grega, en Roma as autopsias estaban prohibidas, polo que os seus coñecementos de anatomía fundábanse en diseccións de animais, o que o levou a cometer algúns erros notábeis. Á súa morte deixou un legado non sempre beneficioso para o progreso da medicina, pero de indubidábel valor. O seu nome, igual que sucedera co de Esculapio, converteuse en sinónimo de médico.
 
[[Areteo de Capadocia]] non tivo a fama e o recoñecemento público de Galeno, pero no material escrito que se conservou demostra un gran coñecemento e aínda un maior sentido común. Polo menos un dos seus libros trata de cirurxía. Foi o primeiro médico en describir o cadro clínico do [[tétano]], e a el débense os nomes actuais da [[epilepsia]] e da [[diabetes]].<ref>. Areteo de Capadocia (1982): ''Obra Médica''. Editorial Akal.</ref>