España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 81:
«Hispania» provén do [[lingua fenicia|fenicio]] ''i-spn-ya'', un término cuxo uso está documentado desde o segundo milenio antes de Cristo, en inscricións [[Ugarítico|ugaríticas]]. Os fenicios constituíron a primeira civilización non ibérica que chegou á península para expandir o seu comercio e que fundou, entre outras, Gadir, a actual [[Cádiz]], a cidade habitada máis antiga de Europa Occidental.<ref>{{cita web|apelido=Espinosa|nome=P.|título=Hallado en Cádiz un muro de 3.000 años|ano=2006|localización=Cádiz|editorial=El País|url=http://www.elpais.com/articulo/cultura/Hallado/Cadiz/muro/3000/anos/elpepucul/20070930elpepicul_7/Tes|data-acceso=30 de setembro de 2007}}</ref><ref>[http://www.spanisharts.com/arquitectura/protohistoria_fenicios.html Segundo o proxecto de arquitectura protohistórica ibérica].</ref>

Os romanos tomaron a denominación dos vencidos cartaxineses, interpretando o prefixo ''i'' como «costa», «illa» ou «terra», con ''ya'' co significado de «rexión». O lexema ''spn'', que en fenicio e tamén en [[lingua hebrea|hebreo]] pódese ler como ''saphan'', traduciuse como «coellos» (en realidade [[Hiracoideos|damáns]], uns animais do tamaño do coello estendidos por África e o Crecente Fértil). Os romanos, xa que logo, déronlle a Hispania o significado de «terra abundante en coellos», un uso recolleito por [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]], [[Xulio César|César]], [[Plinio o Vello]], [[Catón]], [[Tito Livio]] e, en particular, [[Catulo]], que se refire a Hispania como península ''[[Oryctolagus cuniculus|cuniculosa]]'' (nalgunhas [[Moeda|moedas]] [[Cuñaxe|acuñadas]] na época de [[Adriano]] figuraban personificacións de Hispania como unha dama sentada e cun coello aos seus pés), en referencia á vez que viviu en Hispania.

Sobre a orixe fenicio do término, o historiador e hebraísta [[Cándido María Trigueros]] propuxo na [[Real Academia das Boas Letras de Barcelona]] en 1767 unha teoría diferente, baseada no feito de que o alfabeto fenicio (do mesmo xeito que o hebreo) carecía de vocais. Así ''spn'' (''sphan'' en [[idioma hebreo|hebreo]] e [[Lingua aramea|arameo]]) significaría en fenicio «o norte», unha denominación que tomarían os fenicios ao chegar á península ibérica bordeando a costa africana, véndoa ao norte da súa ruta, polo que ''i-spn-ya'' sería a «terra do norte». Pola súa banda, segundo [[Jesús Luis Cunchillos]] no seu ''Gramática fenicia elemental'' (2000), a raíz do término ''span'' é ''spy'', que significa «forxar ou bater metais». Así, ''i-spn-ya'' sería a «a terra na que se forxan metais».<ref>[[John Linch|Linch, John]] (director), [[María Cruz Fernández Castro|Fernández Castro, María Cruz]] (del segundo tomo), ''Historia de España, El País'', volumen II, ''La península Ibérica en época prerromana'', pg. 40. Dossier. La etimoloxía de España; ¿terra de coellos?, ISBN 978-84-9815-764-2.</ref>

Separadamente da teoría de orixe fenicio, que é a máis aceptada malia que o significado preciso do término segue sendo obxecto de discusións, ao longo da historia propuxéronse diversas hipóteses, baseadas en similitudes aparentes e significados máis ou menos relacionados. A principios da [[Idade Moderna]], [[Antonio de Nebrija]], na liña de Isidoro de Sevilla, propuxo a súa orixe autóctono como deformación da palabra ibérica [[Hispalis]], que significaría ''a cidade de occidente''<ref>{{Cita web |url=http://www.legadosefardi.net/historia_juderia_sevilla.pdf |título=La verdadera etimoloxía de Hispania, como lo establece el sabio Antonio de Nebrija, proviene de Hispalis: ili: ciudad, en el idioma ibérico, y Spa, Occidente. Hispalis significa, por lo tanto ciudad de occidente. |data-acceso=27 de setembro de 2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060927191705/http://www.legadosefardi.net/historia_juderia_sevilla.pdf |dataarquivo=27 de setembro de 2006 |urlmorta=si }}</ref> e que, ao ser Hispalis a cidade principal da península, os fenicios, e, posteriormente os romanos deron o seu nome a todo o seu territorio.<ref>[http://www.filosofia.org/aut/mmb/hfe01.htm Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX. Capítulo primero. Tiempos primitivos], [[Mario Méndez Bejarano]] (1857-1931), Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX [1927] Biblioteca Filosofía en español, Oviedo 2000]</ref> Posteriormente, [[Juan Antonio Moguel]] propuxo no [[século XIX]] que o término ''Hispania'' podería provir da palabra [[Lingua éuscara|éuscara]] ''Izpania'' que viría significar ''que parte o mar'' ao estar composta polas voces ''iz'' e ''pania'' ou ''bania'' que significa «dividir» ou «partir».<ref>'Historia y geografía de España ilustradas por el idioma vascuence'' de Juan Antonio Moguel, reditada en ''La gran enciclopedia vasca ISBN 84-248-0017-6</ref> A este respecto, [[Miguel de Unamuno]] declarou en 1902: «A única dificultade que atopo [...] é que, segundo algúns paisanos meus, o nome España deriva do vascuence 'ezpaña', beizo, aludindo á posición que ten a nosa península en Europa».<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/islote/modesto/apocado/dificil/hallarlo/elpepucul/20020725elpepucul_2/Tes «El islote es tan modesto y apocado que es difícil hallarlo»], ''El País'', 25 de julio de 2002.</ref> Outras hipóteses supoñían que tanto Hispalis como Hispania eran derivaciones dos nomes de dous reis lendarios de España, Hispalo e o seu fillo Hispano ou Hispan, fillo e neto respectivamente de [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]].<ref>[http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/35727252323249052754491/003278_3.pdf Transcripción y Edición del Catálogo Real de Castilla], autógrafo inédito de Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés. [[Universidade de California]].</ref>

=== Evolución da ''Hispania'' a ''España'' ===
Liña 154:
[[Ficheiro:Ávila 24-8-2002.jpg|miniatura|esquerda|A [[muralla de Ávila]], erixida na [[Idade Media]].]]

No ano [[718]] na actual [[Principado de Asturias|Asturias]] un nobre chamado [[Paio de Asturias|Paio]] sublevouse contra os musulmáns. A sublevación fracasa e é detido. Cara ao [[722]] volvería intentalo tendo lugar o que a historiografía denominou a [[batalla de Covadonga]], onde Paio e un grupo de [[ástures]] (entre os que se atopaban, segundo algúns historiadores, nobres visigodos; a orixe de [[Paio de Asturias|Paio]] é tamén incerta<ref>Joseph Pérez, ''Historia de España'', ISBN 84-8432-091-X, pg.39:{{Cita|A resistencia aos sarracenos enmarcouse nesta tradición de resistencia ao estranxeiro, quenquera que fose, por parte de grupos montañeses afeitos a viviren illados, espontaneamente remisos a todo poder procedente do exterior. Uníronselles nobres visigodos fuxitivos da derrota do reino de Toledo e dirixidos por Paio (segundo unha tradición, os musulmáns encargaron a Oppas, bispo de Sevilla, que gañase para a súa causa a Paio, un nobre visigodo refuxiado en Asturias). É o que suxiren algúns historiadores.}}</ref>) venceron a unha expedición de castigo musulmá. Este feito serviría para marcar o momento de fundación do [[Reino de Asturias]] e dar comezo ao período coñecido como a ''[[Reconquista]]'', termo hoxe en día moi discutido,<ref>[http://www.durango-udala.net/portalDurango/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/1_1945_3.pdf García Fitz, F. (2009). ''La Reconquista: un estado de la cuestión'' Clío & Crimen, 6, 142-215.]</ref> entendido como o restablecemento do poderío cristián na Península Ibérica.

Na parte nororiental da península e na [[Septimania]] goda, os godos que fuxiran ao reino dos [[francos]] pediron axuda a estes. Así [[Carlomagno]] emprendeu unha serie de campañas militares coa intención de establecer un territorio de distensión militar, máis coñecido como [[Marca (territorio)|marca]]. A [[Marca Hispánica]] constituíuse a comezos do [[século IX]] para evitar a penetración dos musulmáns no territorio do [[Imperio Carolinxio|Reino dos Francos]]. Así foi como os francos dividiron ese territorio en diversos condados, onde señores feudais de orixe franca ou goda representaban o rei dos francos; tendo, xa que logo, un desenvolvemento algo diferente ao que experimentaron os reinos cristiáns ibéricos occidentais. Estes condados en pleno proceso de feudalización emanciparíanse ''de facto'' do dominio franco logo da crise carolinxia do [[século IX]], ao empezar a transmitirse hereditariamente os condados; aínda que, ata [[988]], os [[Condado de Barcelona|condes de Barcelona]] renovaron o pacto de vasalaxe cos reis francos.
Liña 697:

No [[2012]] España importou produtos por valor de 253.401 millóns de [[euros]] e as exportacións ascenderon a 222.643 millóns de euros, cun saldo comercial negativo de -30.757 millóns de euros.<ref>[http://www.icex.es/icex/cda/controller/pageICEX/0,6558,5518394_5596403_5554587_0_-1_-1,00.html?redirect=false&tipoinforme=BC&moneda=EUR&anno=2012&idComunidad=-1&sector1234=-1&pais5678=&buscar.x=31&buscar.y=7 ICEX España Exportación e Inversiones- Balanza Comercial de ESPAÑA en el año 2012]</ref> Entre as principais importacións e exportacións se encontraban: medio ambiente e produción enerxética, tecnoloxía industrial, industria química (produtos químicos), moda, materias primas, manufactureiras e produtos intermedios, entre outros.<ref>[http://www.icex.es/icex/cda/controller/pageICEX/0,6558,5518394_5596403_5554587_0_-1_-1,00.html?redirect=false&tipoinforme=RSI&moneda=EUR&anno=2012&idComunidad=-1&sector1234=-1&pais5678=&buscar.x=26&buscar.y=8 ICEX España Exportación e Inversiones - Ranking de los principales sectores importados por ESPAÑA en el año 2012]</ref><ref>[http://www.icex.es/icex/cda/controller/pageICEX/0,6558,5518394_5596403_5554587_0_-1_-1,00.html?redirect=false&tipoinforme=RSE&moneda=EUR&anno=2012&idComunidad=-1&sector1234=-1&pais5678=&buscar.x=30&buscar.y=14 ICEX España Exportación e Inversiones - Ranking de los principales sectores exportados por ESPAÑA en el año 2012]</ref> Os principais intercambios comerciais de España tiveron lugar cos demais países da [[Unión Europea]] (destacando [[Francia]], [[Alemaña]], [[Italia]], [[Portugal]], [[Reino Unido]] e os países do [[Benelux]]), [[Estados Unidos]], [[Marrocos]] e [[Turquía]].<ref>[http://www.icex.es/icex/cda/controller/pageICEX/0,6558,5518394_5596403_5554587_0_-1_-1,00.html?redirect=false&tipoinforme=RPE&moneda=EUR&anno=2012&idComunidad=-1&sector1234=-1&pais5678=&buscar.x=23&buscar.y=12 ICEX España Exportación e Inversiones - Ranking de los 50 primeros países/territorios destino de la exportación española en el año 2012.]</ref> Os ingresos por turismo rozaron os 56.000 millóns de [[euros]] e o número de persoas que visitou o país nese mesmo ano foi duns 57.7 millóns; mentres que os españois gastaron nas súas viaxes ao exterior uns 24.000 millóns de euros, cunha diferenza favorable de 32.000 millóns de euros que axudaron a compensar o [[Déficit presupostario|déficit]] da balanza comercial española.<ref>[http://www.cincodias.com/articulo/economia/ingresos-turismo-extranjero-suben-tocan-maximos-historicos/20130128cdscdseco_5/ Los ingresos por turismo extranjero suben un 6% y tocan máximos históricos]</ref>

=== Ciencia e tecnoloxía ===
Liña 710:
España tiña un parque de 24 677 227 vivendas a finais do ano 2006, segundo datos do [[Banco de España]], sobre un total de 16,03 millóns de fogares españois. Estas cifras indican unha media de 1,54 vivendas por fogar español. Segundo as mesmas fontes, o 85% das vivendas en España son de propiedade, e só un 15% gózanse en réxime de alugueiro.

O prezo medio da vivenda nova baixou dos 228.600 [[euro|€]] no [[2012]] aos 203.900€ no [[2013]], segundo os datos da [[Sociedad de Tasación]].<ref name="ST">{{cita web|url=http://www.stvalora.com/es/sala-interactiva/precios-obra-nueva.html|título=Comparador de precios de obra nueva|data-acceso=6 de febreiro de 2014|autor=|fecha=|editorial=ST-Sociedad de Tasación|idioma=}}</ref> O prezo da vivenda, porén, varía ostensiblemente en función das comunidades autónomas e as capitais de provincia, encontrándose a de maior valor en [[Cataluña]] 292.590€, en contraposición ás de [[Estremadura]] e a [[Rexión de Murcia]].<ref name=ST/>

=== Transporte ===
Liña 722:
[[Ficheiro:Renfe clase 100.JPG|esquerda|miniatura|Tren de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]] ([[Alta Velocidade Española|AVE]]).]]

Os servizos de [[Alta Velocidade Española]] (AVE) prestados por [[Renfe Operadora]] reducen á metade o tempo de desprazamento en coche e alcanzan máis de 250 km/h. A velocidade máxima comercial dos seus trens é de 300 km/h e a súa velocidade punta é de 356,8 km/h. Para [[2020]] o [[Goberno de España]] ten previsto contar coa maior rede de alta velocidade ferroviaria do mundo, con 2.230 km, superando a países como [[Xapón]] ou [[Francia]].<ref>[http://www.elpais.com/articulo/economia/Espana/tendra/anos/mayor/red/AVE/mundo/Zapatero/elpepueco/20070215elpepieco_8/Tes «España terá en tres anos a maior rede de AVE do mundo, según Zapatero»], ''El País'', 15/02/2007</ref>

A rede de metro está dispoñible en oito cidades: [[Metro de Alacant|Alacant]], [[Metro de Barcelona|Barcelona]], [[Metro de Bilbao|Bilbao]], [[Metro de Madrid|Madrid]], [[Metro de Málaga|Málaga]], [[Metro de Palma|Palma]], [[Metro de Sevilla|Sevilla]] e [[MetroValencia|Valencia]]. Está en construción na cidade de [[Metro de Granada|Granada]], e proxectado para [[Metro de Santander|Santander]]. Outras cidades como [[Tranvía de Zaragoza|Zaragoza]] contan con redes de [[tranvía]]. A máis extensa e con maior número de pasaxeiros ao ano é a de [[Metro de Madrid|Madrid]] (324 km; 634 millóns de viaxeiros en 2011), seguida pola de [[Metro de Barcelona|Barcelona]] (123 km; 432 millóns de viaxeiros en 2011).
Liña 742:
En [[Teléfono|telefonía fixa]] e acceso a [[Internet]], na actualidade existe un mercado de acceso por cable organizado por [[Demarcación de cable|demarcacións]] na maior parte das cales opera [[ONO]], ademais dalgunhas empresas de ámbito rexional nas súas respectivas demarcacións. Ademais, o operador dominante ([[Telefónica]]) está obrigado a permitir a terceiras empresas a prestación de servizos na súa rede mediante o alugueiro dos pares de cobre da súa propiedade e de espazo nas súas centrais.

En [[Teléfono móbil|telefonía móbil]], existen catro operadores con rede propia e un número considerable de [[Operador móbil virtual|operadores móbiles virtuais]] que se reparten un mercado no que, desde 2006, hai oficialmente máis liñas que habitantes. España é un dos países da [[Unión Europea]] con maior extensión e calidade de [[Cobertura (telecomunicacións)|cobertura]]; segundo un estudo do [[Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España|Ministerio de Industria]] de [[2006]], o 98% do territorio español conta con [[cobertura GSM]], por diante de países como [[Francia]], [[Italia]] ou [[Alemaña]].<ref>[http://www.elmundo.es/suplementos/ariadna/2006/294/1158327869.html El Mundo, 17 de setembro de 2006]: "Hacia la cobertura telefónica total"</ref>

=== Crise económica ===
Liña 775:
| [[1 de maio]] || [[Día internacional dos traballadores|Día do Traballador]] || -

| [[25 de xullo]] || [[Santiago o Maior|Santiago Apóstolo]] || Patrono de España para a [[Igrexa católica]]<ref>[http://www.diocesismalaga.es/index.php?mod=santoral&secc=detall&id=11907 ''Santiago o Maior, Apóstol-mártir (Patrón de España)''], Diócesis de Málaga. Consultado o 12 de outubro de 2007.</ref>
(non é festivo en todo o país)

| [[15 de agosto]] || [[Asunción de María]] || -