Luís Blanco Rivero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrixo o apelido á súa forma orixinal: Rivero de Aguilar
Castelao (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 4998995 de 91.116.184.82 (conversa)É apelido composto. O trazo cómpre sempre nestes casos, especialmente cando aparece un terceiro apelido.
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Luís Blanco Rivero -de Aguilar''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1877]] e finado na mesma cidade o [[8 de marzo]] de [[1942]], foi un médico e político galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de Ramón Blanco Castro (xefe de negociado de primeira clase da Facenda Pública) e Josefa Rivero -de Aguilar Rodríguez, e irmán de Purificación (casada con [[Lino Torre Sánchez-Somoza]]) e Ramón (banqueiro na [[Arxentina]]). Estudou Medicina en Santiago, e doutorouse na [[Universidade Central de Madrid]] en [[1894]] coa tese ''Los diferentes tratamientos de la pneumonía fibrinosa y el método de Z. Petresco'', publicada en Santiago de Compostela en 1895.
 
Foi catedrático de Anatomía Topográfica e Operacións e de Patoloxía Cirúrxica da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1914-1917), reitor da súa Universidade (1921-1929) e presidente da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]] (1933-1940). Ten publicacións sobre os tratamentos da pneumonía fibrinosa, a diagnose de invaxinación das crónicas intestinais, as luxacións de cóbado e a ptose hepática.