Río Nevá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
O '''río Neva''' ou '''río Nevá'''<ref>{{Cita enciclopedia |artigo=Nevá |enciclopedia=Diciopedia do século 21 |volume=3 |páxina=1458 |url= |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9 |cita=Río do NO de Rusia (74 km). Nace no lago Ladoga e desemboca no Báltico. • Batalla do Nevá Vitoria de Alexandre Nevski sobre os suecos (1240) }}</ref> (en [[Lingua rusa|ruso]]: Река Нева́ ) é un río situado ó noroeste de [[Rusia]]. Ten 74&nbsp;km de lonxitude e nace no [[Lago Ladoga]] (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do [[óblast de Leningrado]] (región histórica de Ingria) e a cidade de [[San Petersburgo]] desemboca no [[golfo de Finlandia]]. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de [[Europa]], só detrás do [[río Volga|Volga]] e do [[río Danubio|Danubio]].
== Historia ==
Durante a [[Idade Media]], o río tiña unha grande importancia, posto que ó ser ancho e navegable constituía unha canle de comunicación entre o [[Mar Báltico]] e o [[río Volga]]. A confluencia do Neva e o [[río Izhora]] foi o escenario da famosa [[Batalla do NevaNevá]] ([[1240]])<ref name="DS21"/> entre os [[Suecia|suecos]] e [[Rusia|rusos]]. [[Alexandre Nevski|Alexandre Iaroslávich]], príncipe de [[Nóvgorod]], gañou dita batalla e asumíu o sobrenome de [[Alexandre Nevski|«Nevski»]], que significa «do Neva».
 
Durante o século XVI, a desembocadura do Neva, albergou a fortaleza sueca de Nyen, e un entrante de terra no Ladoga, a fortaleza rusa de Oréshek, logo chamada Shlisselburg. A fortaleza de Nyen foi destruída por [[Pedro I de Rusia|Pedro o Grande]], despois de fundar a [[Fortaleza de San Pedro e San Paulo]] (Петропавловская Крепость - Petropávlovskaya Krépost'), en [[1703]]. Situada na [[Illa de Liebre]] (Зайчии Остров - Zaichii Óstrov), a fortaleza é considerada coma a primeira estrutura do actual [[San Petersburgo]].