Arpa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
sen refs.
Jglamela (conversa | contribucións)
élites->elites
Liña 11:
A arpa gaélica foi fundamental para a popularización deste instrumento no medievo, aínda que hai quen afirma que grazas á invasión islámica este instrumento chegou a [[Europa]], espallándose por toda [[Iberia]] e posteriormente por toda Europa. Os pobos célticos de Irlanda realizaron certas modificacións na súa estrutura respecto a outras arpas que permitiu multiplicar o número de cordas, tensalas mellor e con isto darlle o seu timbre melodioso característico.
 
Tamén está o feito de que as linguas célticas das Illas Británicas tiñan palabras específicas para nomear este instrumento sen necesidade de préstamos; "clàrsach" en [[gaélico]] escocés e "cláirseach" en gaélico irlandés, "telyn" en [[Lingua galesa|galés]] e [[Lingua bretoa|bretón]], e "telenn" en galó (o romance da Bretaña). As representacións máis antigas témolas nunha cruz de pedra picto-escocesa do século VIII da nosa era, as representacións de arpa triangular máis antiga son as atopadas nas Illas Británicas, todas elas anteriores ao século XI, son un total de 13 figuriñas feitas en cruces celtas, ademais semella que a palabra en gaélico antigo, "Crúirt", palabra que algúns afirman que ten procedencia picta, un pobo que habitaba a [[Pictia]], actual [[Escocia]] antes da chegada dos [[escotos gaélicos]], aínda non se sabe se tiñan unha orixe céltica ou precéltica, tamén están os escritos de leis dos séculos VI e VI DC os cales describen un alto status social para os arpistas, aqueles que tocaban a "crúirt", xa se pode ver que este instrumento estaba vencellado ás éliteselites dende tempos remotos. Tamén está o gravado na placa do "Maedoc Book Shrine". Tamén son abundantes as ilustracións e gravados en cruces de pedra sobre o bíblico Rei David tocando unha arpa, como é no caso dalgunhas cruces de pedra picto-escocesas e libros litúrxicos carolinxios como o "Utrecht Psalter", ano 820 ou o "Hunterian Psalter" do ano 1170.
 
[[Ficheiro:Celtic harps.JPG|dereita|miniatura|200px|Arpa irlandesa]]