República Romana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antes do triunvirato: Arranxos varios
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 57:
=== Antes do triunvirato ===
[[Ficheiro:Forum_Romanum_panorama_2.jpg|miniatura|esquerda|250px|O [[foro romano]].]]
Na república, as atribucións do [[monarquía romana|rei]] pasaron a ser exercidas por dous [[cónsul romano|cónsules]] durante un ano que poden, con permiso do [[Senado romano]], designar un ''ditador'' con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os [[patricio]]s e os [[plebeo]]s. Arredor do ano [[-300|300 a.C.]] os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real). A causa disto foi a situación exterior de Roma, que ata o ano [[-202|202 a.C]] estivo implicada sucesivamente en guerras contra os [[etrusco]]s, os [[latinos]], os [[volscos]], os [[equos]] e os [[samnitas]] ([[guerras samnitas]]). Ao final destas guerras, Roma gobernaba toda [[Italia]] e estendíase alén do [[Mediterráneo]] coa conquista de [[Taranto]] ([[-272|272 a.C.]]) e, seguindo coa súa política de expansión enfrontouse a [[Cartago]] nas [[guerras púnicas]]. Tras a derrota destes no ano [[-146|146 a.C.]], Roma pasou a controlar o norte de [[África]]. Nese mesmo ano [[Corinto antiga|Corinto]] foi arrasada e [[Reino de Macedonia|Macedonia]] conquistada; Roma adquiría así o control das dúas beiras do Mediterráneo e emprendía a conquista da [[Península Ibérica]] e das [[Galia]]s.
 
Tras estas conquistas tivo lugar un intento de reforma agraria por parte dos irmáns [[Graco]] que trataba de mellorar a situación da plebe, cada día máis miserábel e numerosa. Pero a tentativa fracasou e a nobreza seguiu conservando a súa superioridade. A guerra de [[Numidia]] fixo que [[Mario]] destacase pola captura do rei [[Iugurta]] no [[-105|105 a.C.]], comezando así unha crise social debida á rivalidade entre Mario (apoiado polas clases populares) e [[Sila]] (apoiado pola [[aristocracia]]), na que este último venceu e se proclamou ditador sen límite temporal ([[-82|82 a.C.]]).