Diferenzas entre revisións de «Edipo»

sen resumo de edición
(Replacing superseded 'Gustave Moreau 005.jpg' with 'Oedipus and the Sphinx MET DP-14201-023.jpg')
Etiqueta: edición de código 2017
[[Ficheiro:IngresOdipusAndSphinx.jpg|dereita|250px|miniatura|''Edipo e a [[Esfinxe]]'', de [[Ingres]], cadro de 1808.]]
'''Edipo''' é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas [[Laio]] e [[Iocasta]]. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, lesteeste de [[Corinto antiga|Corinto]], o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.
 
Edipo medra, e sendo xa un home, escoita que matará o seu pai e xacerá coa súa nai. Horrorizado, marcha de [[Corinto antiga|Corinto]] sen destino fixo. Nunha encrucillada de camiños atopa un home ancián, que resulta ser Laio, co seu séquito, e logo dunha trifulca, Edipo mátaos a todos, descoñecendo as súas identidades, excepto a un que resulta ser o mesmo pastor que o abandonou.
 
Edipo chega a [[Tebas, Grecia|Tebas]] e nos arrabaldes atopa á [[Esfinxe]], un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, ''Cal é o único animal que anda con dous pés, con tres pés e con catro pés?'', que Edipo resolve dicindo que é o home, pois de meniño anda de gatas, mais tarde só sobre os dous pés, e de vello usa un bastón como terceiro pé.
52.639

edicións