Diferenzas entre revisións de «Historia do Exipto otomán»

Ligazón interna.
m (→‎Regreso ao control otomán: +control autoridades using AWB)
(Ligazón interna.)
 
En [[1527]] os otománs realizaron o seu primeiro [[catastro]] debido a que os rexistros anteriores pereceran baixo o lume, aínda que non se utilizou até [[1605]]. As terras exipcias dividíronse en catro clases: os dominios do sultán, os feudos, as terras para o mantemento do exército e as relixiosas.
 
Foi práctica habitual da [[Sublime Porta]] mudar de gobernador de Exipto en intervalos breves, após un ano ou mesmo varios meses. O terceiro gobernador, [[Abmad Pasha]], ao ter coñecemento de que se expediran ordes para a súa execución desde [[Constantinopla]], proclamouse independente e chegou mesmo a [[Cuñaxe|acuñar]] [[Moeda|moedas]]. Dous dos emires que enviara a prisión lograron escapar, atacárono no seu baño e asasinárono.
 
Os continuos cambios de goberno parecen ter motivado que se perdese o control do exército xa a comezos do período de ocupación otomá e a principios do [[século XVII]] os motíns eran frecuentes: en [[1604]] o gobernador [[Ibrahim Pasha]] foi asasinado polos soldados e a súa cabeza foi colocada na [[Bab Zuwflla]]. Estes motíns motivábanse frecuentemente polas tentativas dos sucesivos paxás de pórlle fin á extorsión chamada ''[[tulbah]]'', un pagamento forzado que as tropas esixían para pagar débedas ficticias.
18.019

edicións