Lista de reis de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Braganza
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 274:
== Notas ==
 
(<sup>1</sup>) Raíña ''de iure'' e ''de facto'' (era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de [[Fernando I de Portugal|Fernando I]]), Beatriz, casada con [[Xoán I de Castela]], aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa mai [[Leonor Teles de Meneces|Leonor Teles de Meneces]]; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou [[Cuñaxe|acuñar]] [[Moeda|moedas]] coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do [[Xoán I de Portugal|Mestre de Avis]], despois das [[Cortes de Coimbra de 1385]], a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e até, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.
 
(<sup>2</sup>) Por mor da morte de [[Xoán II de Portugal|Xoán II]] sen fillos lexítimos (o príncipe [[Afonso de Portugal (1475)|Afonso]] falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en [[1491]]), nin irmáns sobreviventes (a infanta [[Xoana de Portugal|Santa Xoana]], a súa irmá, falecera en [[1490]]), non obstante tentou lexitimar o seu bastardo, o infante [[Xurxo de Lencastre|Xurxo de Lencastre]], futuro [[Duque de Coimbra]], a Coroa Portuguesa acabou por pasar para o seu curmán e cuñado [[Manuel I de Portugal|Manuel]], [[Duque de Bexa]], o cal era fillo de [[Fernando, Duque de Viseu|Fernando]], [[Duque de Viseu]] (irmán do rei [[Afonso V de Portugal|Afonso V]]), e de [[Beatriz de Portugal (1430)|Beatriz]] (filla do [[Xoán, Infante de Portugal|infante Xoán]], o penúltimo dos membros da ''[[Ínclita Xeración]]''). Así, aínda que polo lado do pai fose neto do rei [[Duarte de Portugal|Duarte]], e polo lado da mai, bisneto de [[Xoán I de Portugal|Xoán I]], o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdisen, á súa vez, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a ''Casa de Avis-Bexa'' (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por Xoán II, e que marca a data da súa aclamación, en [[1495]]), a cal se mantería no poder até a fin da dinastía, en [[1580]].