Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 40:
A historia posterior de Kent mostra evidencia clara dun sistema de reis conxuntos, co reino dividido nun Kent oriental e un Kent occidental, aínda que parece que xeralmente había un rei dominante. Esta evidencia é menos aclara respecto ao período anterior, mais hai estatutos antigos, que se saben falsificados, os cales, con todo, suxiren que Aethelberht gobernou como rei conxunto co seu fillo, Eadbald. Pode ser que Aethelberht fora rei de Kent oriental e Eadbald convertérase en rei de Kent occidental; na historia posterior de Kent, o rei oriental parece ser xeralmente o gobernante dominante. Xa fose que Eadbald se convertera ou non nun rei conxunto, non hai dúbida de que Aethelberht tivo autoridade sobre todo o reino.<ref name="Yorke_3234">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', pp. 32–34.</ref>
 
O máis probable é que a división en dous reinos date do século VI; o Kent oriental podería conquistar o occidental e preservar as institucións do reino como un sub-reino. Isto era un patrón común na Inglaterra anglosaxoa, cando os reinos máis poderosos absorbían os seus veciños máis débiles. Unha característica inusualinfrecuente do sistema de Kent era que só os fillos de reis parecerían ser aspirantes lexítimos ao trono, a pesar de que isto non eliminou todas as contendas sobre a sucesión.<ref name="Yorke_3234"/>
 
As cidades principais dos dous reinos foron Rochester, no Kent occidental, e Canterbury, no Kent oriental. Beda non sostén que Aethelberht tivera un pazo en Canterbury, mais refírese a Canterbury como "metrópole" de Aethelberht, e fica claro que era a súa sede.<ref name="Yorke_3234"/><ref name="Campbell_TAS_38_2">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 38–39.</ref>