Diferenzas entre revisións de «Florín florentino»

*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG).
(*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna.)
(*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG).)
O seu valor era de vinte soldos (''solidus''), porén, a súa calidade insuperábel fixo que tan só vinte anos despois da súa primeira emisión xa valera trinta soldos. Tanta foi a súa estimación que o florín pronto se erixiu como moeda de conta en toda Europa. Até finais do século XIII foi gañando en valor e prestixio, que comezou a decaer coa crise monetaria do [[século XV]] e a aparición de imitacións de menor calidade no resto de Europa.
 
No [[século XIV]] era a moeda modelo en Occidente, e comezan as cuñaciónscuñaxes de floríns que manteñen a súa tipoloxía e iconografía en [[Alemaña]], [[Inglaterra]], [[Francia]], os [[Países Baixos]], [[Portugal]], [[Suecia]], [[Polonia]], [[Rusia]] e [[Aragón]]. Excepto en Francia (onde a imaxe do Bautista foi substituída polo brasón da Casa de Anjou e Xerusalén), todas as imitacións utilizaron a mesma tipoloxía, só substituíndo a lenda de Florencia pola do reino onde se emitían.
 
Pronto reduciuse a lei destes floríns, sobre todo o aragonés, a 18 quilates, e se produciron diminucións no peso con respecto aos floríns orixinais, o que acabou producindo o desprestixio do florín que, no [[século XV]], foi substituído como moeda de ouro de referencia polo [[Ducado (moeda)|Ducado de Venecia]].
22.192

edicións