Glicerio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
Moedagalega (conversa | contribucións)
*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna. / Formato.
Liña 2:
'''Glicerio''', nado no 420 e finado despois do 480, foi [[emperador]] de [[Imperio Romano de Occidente|Occidente]], sucesor de [[Anicio Olibrio]]. Foi coroado polo príncipe burgundio [[Gundobado]] o 5 de marzo de [[473]].
 
== Acceso ao Tronotrono ==
 
'''Glicerio''' foi nomeado emperador no [[473]]. O remate da guerra civil entre o emperador [[Antemio]] e [[Ricimero]] deixaba o trono en mans de [[Anicio Olibrio]], pero só durou uns meses á fronte do Imperio. Pero mentres tanto [[Ricimero]] morre e no seu lugar queda [[Gundobado]], que se apresura a nomear novo emperador na persoa de '''Glicerio''', quen até entón era ''comes domesticorum'', ou sexa, comandante dunha unidade de elite da garda imperial. Segundo as fontes, foi nomeado entre o 3 o 5 de marzo do [[473]] en [[Rávena]] co apoio do exército.
 
== Reinado ==
 
'''Glicerio''' reside a maior parte do tempo no Norte de [[Italia]], segundo as cuñacións[[Cuñaxe|cuñaxes]] de moeda, e pouco se coñece do seu reinado. Non foi recoñecido como emperador por [[León I, Emperador|León I]], o emperador do Imperio Oriental. Trata de conciliar o seu nomeamento, aceptando que o infante León sexa nomeado cónsul dos dous imperios, pero León I nomea o comandante das forzas do Imperio Oriental en Dalmacia, [[Xulio Nepote]], como novo emperador de Occidente, en xullo do [[474]]. Pero, mentres tanto, León I fina en [[Constantinopla]], e o elixido é o seu neto [[León II, Emperador|León II]], quen, debido á súa curta idade, nomea ''Augustus'' ao seu pai [[Zenón, Emperador|Zenón]].
 
Vívese naquel entón unha situación crítica, con tres emperadores no trono e outro nomeado, pero que aínda non tomara posesión. Por outra banda, os visigodos aproveitan este estado para tomar as cidades de [[Arlés]] e [[Marsella]]. Así mesmo, o rei [[Vidimer]], cos [[ostrogodos]], tenta de invadir Italia, pero de novo se recorre aos visigodos, que envían un exército para a protección, pero que de seu significa a invasión e toma de Italia polos exércitos de [[Eurico]]; é o final ficticio do Imperio Romano.
Liña 14:
== Deposición ==
 
Pero mentres tanto, [[Xulio Nepote]] e con motivo da morte de León I, deixara até a primavera do [[474]] a súa entrada en [[Italia]]. En xuño do [[474]], desembarca en [[Ostia]] e '''Glicerio''' entrega o poder sen loita nin resistencia. Inmediatamente, [[Xulio Nepote]] é nomeado emperador. '''Glicerio''' é nomeado bispo de [[Salona]], e no ano seguinte, cando [[Xulio Nepote]] abandone Italia camiño da [[Dalmacia]], levará a '''Glicerio''' como bispo persoal.
 
== Véxase tamén ==