Diferenzas entre revisións de «Florín florentino»

*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna.
(*cuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna.)
[[Ficheiro:Fiorino 1347.jpg|miniatura|dereita|Florín de ouro de [[Florencia]] de [[1340]].]]
O '''florín florentino''' (''fiorino d'oro'' en [[lingua italiana|italiano]]) foi unha [[moeda]] [[Idade Media|medieval]] emitida en [[Florencia]] desde [[1252]], que se converteu na moeda de [[ouro]] de referencia en [[Europa]] nos [[século XIII|séculos XIII]] e [[século XIV|XIV]].
 
== Historia ==
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a [[Cuñaxe|cuñar]] unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
 
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a [[flor de lis]], emblema de [[Florencia]], coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).
22.157

edicións