Lisipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
== Obras e legado ==
Na súa época, Lisipo sucedeu en reputación a Policleto. Entra as obras que se lle atribúen destacan os denominados [[Cabalos de san Marcos|''Cabalos de san Marcos'']], ''[[Eros tensando o arco]]'' (do que existen varias copias, a mellor no [[Museo Británico|British Museum]]), ''Agias'' (coñecido pola copia de mármore atopada e conservada en [[Delfos]]), o Hércules''[[Hermes en repouso]],'' ouo [[Hércules Farnesio|''Hércules Farnesio'']] (que fora colocado orixinalmente nos [[Termas de Caracalla|Baños de Caracalla]], e a copia que hoxe subsiste está no [[Museo Arqueolóxico de Nápoles]]) e o ''[[Apoxiomeno]]'' (coñecido a partir da copia de mármore que se conserva nos [[Museos Vaticanos]]).
 
Tamén foi famoso polas esculturas de bronce de [[Zeus]] e [[Hércules (mitoloxía)|Heracles]]. Desta última, a única versión que existe é unha copia romana do [[Hércules Farnesio|''Hércules Farnesio'']] de [[Glicon de Atenas]],<ref>{{Cita libro|título=Compendio elemental de arqueología|apelidos=Castellanos|nome=Basilio Sebastiá|editorial=impr. V. de Lalama|ano=1844|ISBN=|volume=I|lugar=Madrid|páxina=53|ref=}}</ref><ref>{{Cita libro|título=De Madrid a Nápoles|apelidos=Alarcón|nome=Pedro Antonio de|editorial=Gaspar y Roig editores|ano=1861|ISBN=|lugar=Madrid|páxina=632|ref=}}</ref> cunha musculatura moi pesada, característica da escultura romana de comezos do século III, na que o semideus aparece apoiado nunha maza.