Galicia. Diario de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevo (conversa | contribucións)
Estevo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
O promotor do xornal foi don Ernesto Cádiz Vargas, cónsul honorario de Chile na Coruña, quen ofreceu o posto de Xefe de Redacción a [[Valentín Paz-Andrade]] a través de José García Acuña e Villar Ponte.
 
A xuntanza fundacional do Galicia tivo lugar no Hotel Continental de Vigo, na primavera de 1922, e a ela asistiron Ernesto Cádiz Vargas, Valentín Paz Andrade, [[Castelao]], Losada Dieguez e Manuel Lustres Rivas. Un dos puntos a debatir nesa primeira reunión foi o nome do diário, e ainda que se pensou no nome Atlántico, finalmente elixeuse o nome Galicia. Como liñas ideolóxicas do novo xornal establecéronse a independencia política, a defensa dos intereses galegos e a rehabilitación plena da personalidade de Galicia. Nesa primeira reunión tamén se decideu a data de saída a rúa, que a proposta de Castelao, foi o 25 de xullo (Día de Galiza) dese mesmo ano.
 
Para organizar o taller o impresor Manuel R. Moret, trasladouse durante un tempo dende a Coruña a Vigo.
Liña 20:
== Colaboradores ==
 
Entre os seus colaboradores maís asiduos estiveron [[Antón Losada Diéguez]], [[Antón Villar Ponte]], [[Ramón Villar Ponte]], [[Vicente Risco]], [[Xaime Quintanilla Martínez|Xaime Quintanilla]], [[Ramón Cabanillas]], [[Manuel Antonio]], [[Xosé Núñez Búa]], [[Fermín Bouza-Brey]], [[Rafael Dieste]] ou [[Roberto Blanco Torres]] (Fray Roblanto) que foi xefe de redacción cando Manuel Lustres Rivas emigrou a Arxentina [[Castelao]] publicou no xornal caricaturas baixo o título de "Cousas da Vida", que se fixeron inmensamente populares en case toda [[Galicia]].
 
== Relevancia no xornalismo galego ==