Diccionario enciclopédico gallego-castellano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
{{cita|"''O autor deixóu crara e amorosamente manuscritas os milleiros e milleiros de cuartelas que constitúen o orixinal completo da obra. Traballóu nelas durante toda a súa vida, sempre engadindo algún dato novo, sempre coa ilusión de as ver saír un día prá imprenta''"|Nota editorial que introduce o ''Diccionario''}}
 
O dicionario seguiu o modelo do ''[[Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española|Diccionario de la Real Academia Española]]''. Isto levou á incorporación de [[castelanismo]]s propios de [[América]] innecesarios en galego<ref>Antón Santamarina (1955), p. 82</ref>. Este dicionario tamén incorporou boa parte das entradas dos dicionarios anteriores, moitas veces por medio do [[Diccionario gallego-castellano (1913)|dicionario]] publicado pola [[Real Academia Galega]] así como voces procedentes da terra natal do autor. O vocabulario recolle tamén como entrada, con certa incoherencia, algúns topónimos e antropónimos (mesmo algúns hipocorísticos), así como algún [[xentilicio]] e dialectalismos (especialmente baseados no [[seseo]] implosivo). Discútese o seu carácter ''enciclopédico'', dado que non inclúe biografías nin outros conceptos propios dunha enciclopedia. Só aquelas palabras que designan aspectos da cultura material e espiritual de Galicia -como ''casa'', ''muíño'', ''antroido'', ''maiordomo'', ''foro'', ''aire'', ''demo'' etc- desenvólvense nun formato propio dunha enciclopedia mentres o resto dedas voces —a gran maioría— defínense como en calquera dicionario convencional
 
Non obstante, o valor do dicionario de Eladio Rodríguez reside na achega en moitas entradas de comentarios de valor [[etnografía|etnográfico]] e fraseolóxico, incluíndo ata 11.363 [[refrán]]s<ref>Realmente, son 11.961 refráns, pero excluíndo locucións, coplas, castelanismos e repeticións, queda esta cifra de 11.363. [[Xesús Ferro Ruibal]] recompilounos e clasificounos tematicamente en 1987.</ref> e locucións.