Pneumocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
== Pneumocito tipo II ==
Os '''pneumocitos tipo II''', tamén chamados '''células alveolares tipo II''', '''células alveolares grandes''' ou '''pneumocitos granulares''' son células cuboidais ou arredondadas, pequenas e granulares. A súa superficie libre ten un pequeno número de ''[[microvilli]]''. A súa superficie basal arredondada sobresae no tecido conxuntivo dos tabiques alveolares. Atópanse tipicamente nos puntos onde se unen os tabiques alveolares. Aínda que en número de células supoñen o 60 % das células que revisten o alvéolo, só cobren o 5 % da superficie do alvéolo, debido ao seu tamaño e forma.<ref>"Histology, A Text and Atlas, Sixth Edition," 2011, by Ross, Michael H, and Pawlina, Wojciech</ref> Os pneumocitos tipo II son células secretoras, polo que presentan uns [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] secretores que conteñen os precursores do [[surfactante pulmonar|surfactante]] cun contido en [[fosfolípido]]s entre 3 e 6 veces maior ca en [[proteína]]. Os gránulos mostran unha subestrutura laminar moi característica, polo que se chaman corpos lamelares. Descargan o seu contido por [[exocitose]] e o [[surfactante]] liberado esténdese formando unha capa monomolecular sobre a superficie do alvéolo <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 746-751. ISBN 84-7605-361-4</ref>.
 
=== Desenvolvemento ===