Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 4996844 de 91.117.110.120 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 27:
[[Ficheiro:Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel, 1863.jpg|miniatura|''Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril'', 1863.]]
 
O [[15 de setembro]] de [[18481873]] inaugurouse o primeiro ferrocarril de [[Galicia]] entre [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] ([[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]]) e [[Cornes, Conxo, Santiago de Compostela|Cornes]] ([[Santiago de Compostela|Santiago]]). Nese momento, [[España]] tiña xa uns 6.000&nbsp;km de vías, distribuídas por tódalas comunidades excepto en [[Galicia]] e as illas.<ref>"El tren del futuro arrolla al del ayer", en ''La Voz de Galicia'', 14.09.2008.</ref>
 
En Galicia, como no resto de España, as dificultades foron basicamente financeiras. A pequena burguesía liberal galega considerou o tren como o medio que puña fin ó atraso económico e social de Galicia e emprendeu numerosas campañas para que houbese comunicacións ferroviarias dentro de Galicia e conexións co resto de España. A primeira solicitude presentada foi en [[1845]], para unha liña entre [[León]] e Vigo. O Goberno autorizou a concesión o 12 de xullo dese ano, pero non chegou a materializarse. En [[1857]] comezou o estudo para a construción de dúas liñas dende Palencia, con destino ás cidades de Vigo e A Coruña, que terían consideración de ramais da liña principal de Madrid a Irún. Un ano despois conseguiron a concesión do Goberno e comezaron as obras entre Palencia e Ponferrada. O primeiro ferrocarril que se comezou a construír en solo galego foi o Compostelán, entre Santiago e O Carril, que foi o primeiro en operar, a partir de [[1873]]. Dous anos despois fíxoo a liña A Coruña-Lugo, propiedade da Compañía do Noroeste de España, pero non conseguiu enlazar o trazado galego co da Compañía do Norte e quebrou en [[1878]]. A compañía do Norte fíxose cargo ate [[1880]], data na que quedou constituída a Compañía de Asturias León e Galicia, con capital basicamente de Norte. Finalmente, en 1885, a Compañía do Norte absorbeu a AGL.