Grandes do noso tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Estevo (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4996349 de Estevo (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
'''Grandes do noso tempo''' é unha colección de [[Edicións Xerais de Galicia]] que consta de 18 títulos publicados entre 1989 e 1996. A colección foi presentada ó público en [[Santiago de Compostela]] o [[xoves]] 11 de maio de 1989 por [[Víctor Freixanes]], entón director da [[editorial]].<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 12 de maio de 1989, p. 45</ref>
 
Todos os volumes da colección son traducións literarias ó galego] de autores contemporáneos. O obxectivo da colección segundo Víctor Freixanes foi ''"a necesidade de incorporar ó galego textos clásicos e contemporáneos para que as novas xeracións, sobre todo, poidan acceder a outras culturas dende a lingua propia"''. Os títulos puxéronse no mercado a un prezo de 800 [[peseta]]s. Aínda que a colección tivo pouca fortuna dende o punto de vista comercial, a súa importancia radicou en que creou lectores e varias promocións de profesionais da [[tradución]] á [[lingua galega]], ata entón inexistente.<ref>{{Cita libro |capítulo= |título=La traducción en las relaciones ítalo-españolas: lengua, literatura y cultura |apelidos=? |nome=?| apelidos-editor=Camps | nome-editor=Assumpta |editorial=Edicions [[Universitat de Barcelona]] |ano=20122014 |páxina=338| ISBN=978-84-475-3902-4| url=http://www.publicacions.ub.edu/ficha.aspx?cod=08139 |lingua=Es }}</ref>
 
Os libros foron editados en tapa branda con solapas nun tamaño de 21 por 13&nbsp;cm. Na portada de cada volume figura unha fotografía do autor (agás en ''Sete narradores soviéticos: 1934-1950'' e ''O vixía no centeo'') e na contraportada un pequeno fragmento da obra. No interior do libro figura unha breve noticia do autor. O deseño da colección é de RE-VISION.